Eficiencia enerxética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A eficiencia enerxética refírese á relación entre a cantidade de enerxía consumida e os produtos e servizos finais obtidos. Pódese optimizar mediante a implementación de diversas medidas e investimentos a nivel tecnolóxico, de xestión e de hábitos culturais na comunidade.

Índice

[editar] Técnicas de aforro de enerxia

[editar] Illamento do fogar

É unha importante medida para aforrar enerxía, diminuíndo deste xeito o consumo da calefacción en inverno o do aire acondicionado no verán. Para iso empréganse medidas como a colocación de fiestra de dobre vidro nas casas ou a plantación de árbores que dean sombra no verán e protexan do vento no inverno.

[editar] Aforro no combustible dos automóbiles

Esta medida considérase importante xa que ademais de estar aforrando enerxía, emitimos menos cantidade de gases de efecto invernadoiro á atmosfera. Para poder potenciar este aforro mellorouse a dinámica dos coches. Tamén podemos aforrar con outras medidas como ir a unha velocidade constante (sen moitos aceleróns nin freazos), levar o depósito de gasolina cheo ou medianamente cheo (para evitar a evaporación da gasolina).

[editar] A reciclaxe

É outra das importante medida de aforro de enerxía, ademais de ser un xeito de diminuír a contaminación no medio ambiente. Esta medida é importante xa que as industrias, ao empregaren material reciclado, aforran a enerxía que consumirían no caso de teren que fabricar un material novo.

[editar] No fogar

Ademais do illamento pódense poñer en práctica outras medidas de aforro de enerxía. Por exemplo o emprego de bombillas de baixo consumo, manter o termostato da calefaccion a unha temperatura aproximada de 20 °C, poñer na lavadora programas de lavado a unha temperatura o máis baixa posible, manter apagados os utensilios eléctricos que non esteamos a empregar.

[editar] Normativas da Unión Europea

A Unión Europea inplantou un plan activo de aforro de enerxía no sector da vivenda e dos servizos, baseado principalmente en edifiacio capaces de absorberen máis do 40 % do consumo final da enerxía na comunidade, un consumo de enerxía que segue a aumentar e paralelamente taménas emisións de dióxido de carbono (CO2). Esta normativa é similar á etiqueta enerxética dos electrodomésticos. A idea é construír edificios bioclimáticos encargados de aproveitar a enerxía do entorno.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas