Eduardo Pantaleón Saúl
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Portugal |
Morte | 1958 (60/61 anos) A Guarda, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Eduardo Pantaleón Saúl, nado en Portugal cara a 1897 e finado na Guarda en 1958, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Presidente do Deportivo Guardés en 1928, volveu ser elixido en xaneiro de 1929.[1] Fundador e presidente do Ateneo de Divulgación Social da Guarda, vencellado á CNT.[2] Militou no Partido Galeguista. Foi concelleiro da Guarda.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso da Illa de San Simón. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1940.[4]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Teresa Estévez Fernández, filla de Antonio Estévez Mera, fundador da Confitería Estévez.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 4-1-1929, p. 2.
- ↑ O Concello rescata para á memoria as historias das mulleres guradesas
- ↑ Base de datos de concelleiros represaliados
- ↑ El Compostelano, 27-9-1940, p. 2.
- ↑ Confitería Estévez
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Eduardo Pantaleón Saúl na páxina web Nomes e Voces.