Dropkick Murphys
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Dropkick Murphys | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Quincy, Massachusetts, |
| Período | 1996 - actualidade |
| Xénero(s) | celtic punk, hardcore punk, punk rock, Oi! |
| Selo(s) discográfico(s) | Hellcat, Born & Bred |
| Membros | Tim Brennan James Lynch Al Barr Ken Casey Matt Kelly Josh "Scruffy" Wallace Jeff DaRosa |
| Antigos membros | Marc Orrell Mike McColgan Rick Barton Spicy McHaggis Ryan Foltz Jeff Erna Joe Delaney |
| Web oficial | dropkickmurphys.com |
Dropkick Murphys é unha banda estadounidense de celtic punk/hardcore punk formada en Quincy, Massachusetts no ano 1996. Comezaron a tocar xuntos no soto dunha barbería mesturando folk-rock tradicional irlandés con punk rock, coñecido como celtic punk. As súas influencias incluen a Stiff Little Fingers, The Pogues, The Clash, Thin Lizzy, The Dubliners e Swingin' Utters.
A banda fíxose un nome grazas as súas extensas xiras por todo o mundo e os seus concertos no Día de San Patricio, que se celebran nos arredores de Boston e son lendarios. O grupo é tamén coñecido polo seu patrocinio aos equipos Boston Red Sox e Boston Bruins.
Discografía [editar]
- Do or Die - 1998 (Hellcat Records)
- The Gang's All Here - 1999 (Hellcat Records)
- Sing Loud, Sing Proud! - 2001 (Hellcat Records)
- Blackout - 2003 (Hellcat Records)
- The Warrior's Code - 2005 (Hellcat Records)
- The Meanest of Times - 2007 (Born & Bred Records)
- Going Out in Style - 2011 (Born & Bred Records)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]