Dragon Quest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dragon Quest (ドラゴンクエスト) é unha saga de videoxogos pertencente ao xénero dos RPGs. En América do Norte o título era Dragon Warrior ata a saída de Dragon Quest VIII. A súa primeira parte foi creada polo deseñador de videoxogos xaponés Yuji Horii para a videoconsola de Nintendo chamado Family Computer System (NES en Europa e América). Saíron xogos desta saga para Famicom (NES), Super Famicom (Super Nintendo), Game Boy Cor, Game Boy Advance, Nintendo DS, PlayStation e PlayStation 2. Espérase ademais que saia esta serie para a PlayStation 3 e a Nintendo Wii para o 2007. Os primeiros Dragon Quest foron producidos pola compañía Enix, ata que en 2003 esta fusionouse con Squaresoft, dando lugar a Square Enix.

Esta saga de xogos caracterízase por varios elementos:

  • Cando o protagonista se dirixe a un PNX, só aparece na fiestra de texto a resposta do PNX, non o que di o propio protagonista.
  • É común que se poida capturar monstros e utilizalos como personaxes controlables.
  • Segue o sistema de combates consistente en mostrar imaxes frontais dos monstros e varios menús que nos permiten elixir as accións a seguir. Os protagonistas non aparecen durante o combate, xa que se asume que o combate é en primeira persoa. Este sistema de combate é idéntico ao do tamén RPG Phantasy Star. Isto cambiou coa saída de Dragon Quest VIII, no que se pode ver como os personaxes ou os inimigos atacan.

Creadores[editar | editar a fonte]

Os creadores desta serie son basicamente tres:

  • Yuji Horii entra a traballar a Enix logo de gañar un concurso e desde ese momento creou varios títulos ata que chegou o seu gran momento ao crear a serie de Dragon Quest na que segundo di quería facer unha especie de manga onde se puidese elixir que fixese o protagonista.
  • Akira Toriyama famoso por crear series como Dragon Ball. Traballaba na mesma revista que Horii e foi aí onde este lle pediu axuda na creación dun novo proxecto; necesitaba que alguén crease os monstros e personaxes dun videoxogo. Desde ese momento encárgase diso nesta serie.
  • Koichi Sugiyama é o compositor de cada un dos temas de Dragon Warrior. Moitos xogadores opinan que o seu mellor traballo desenvolveuno na terceira entrega deste xogo, aínda que recoñecen que é bo en cada un dos xogos nos que participou. Ademais de traballar en videoxogos tamén participou en películas como as da saga de Godzilla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]