Dores André

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDores André

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVigo
Zaragoza
San Francisco Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina de ballet , deseñadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorSan Francisco Ballet (en) Traducir, Dançarino principal (pt) Traducir (2004–) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMaría de Ávila Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dores André Rodríguez, nada en Vigo, é unha bailarina de ballet galega. Dende o ano 2015 é prima ballerina no Ballet de San Francisco.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando tiña 11 anos comezou a practicar ballet nun estudio de Vigo. Tan só dous anos máis tarde, a mestra de ballet María de Ávila descubriuna nunha competición e recrutouna na súa escola de Zaragoza.[2][3] Con 17 anos ía competir no Premio de Lausana, pero tivo que retirarse por unha lesión na perna. Após iso, considerou estudar na universidade, pero finalmente escolleu continuar a súa carreira no ballet.[4]

Durante un curto período de tempo bailou para unha compañía de Florencia, en Italia, pero despois participou nas audicións do Ballet de San Francisco. Pasou a formar parte da compañía en 2004, solista en 2012 e bailarina principal en 2015. Ao longo da súa traxectoria foi o papel principal na Cinsenta, Myrtha en Giselle, Xulieta en Romeo e Xulieta e Olga en Onegin. Tamén participou en Bound To de Christopher Wheeldon e Hurry Up, We’re Dreaming de Justin Peck. En 2018 volveu bailar nunha gala en Zaragoza, onde se formou.[1][2]

Como deseñadora, André deseñou traxes para o Ballet Nacional de Estonia e o Ballet Idaho. En xuño de 2020 estaba a traballar nos traxes para A Bela Dormente do Ballet Real de Nova Zelandia.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Dores André". San Francisco Ballet. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Dores André: The Spanish Ballerina Pirouetting Her Way to Stardom". Brit + Co. 12 de xullo de 2017. 
  3. "Dores André – Principal, San Francisco Ballet". Dancetabs. 2 de setembro de 2015. 
  4. "Dores André". Zarely. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  5. "San Francisco Ballet Principal Dores André Moonlights as a Costume Designer". Dance Magazine. 29 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]