Donna Pope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDonna Pope

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1931
Cleveland.
Ohio.
Morte23 de xuño de 2023 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Ohio state representative (en) Traducir
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Actividade
Lugar de traballo Columbus Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítica e alta funcionaria.
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Notes


Donna (Kolnik) Pope,[1] nada en Cleveland, Ohio, o 15 de outubro de 1931, é unha política e alta funcionaria estadounidense, que ocupou o posto de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1981 e 1991, baixo a presidencia de Ronald Reagan.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Donna Pope naceu en Cleveland, Ohio, o 15 de outubro de 1931,[1][2] filla de Marie Josephine Thiel e de John Emil Kolnik.[3]

Actividade política[editar | editar a fonte]

A partir de 1972 foi membro da Cámara de Representantes de Ohio, polo Partido Republicano, e en 1978 foi elixida voceira da minoría. Nesta cámara mantívose durante seis períodos lexislativos[1] e formou parte das comisións xudicial, de normas, de ética e de servizos lexislativos.[2]

En 1979 e 1980 foi copresidenta da campaña electoral de Ronald Reagan en Ohio e tamén copresidiu a delegación deste Estado na Convención Nacional Republicana de 1980.[2]

Directora da Casa da Moeda dos EEUU[editar | editar a fonte]

En xullo de 1981 foi designada polo presidente Reagan para ser a cuarta muller consecutiva —e a quinta ata o momento— en ocupar a dirección da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e en 1986 confirmouna no posto para un novo mandato, que concluíu en 1991.[4]

Durante o seu período na ceca pública emprendeu unha fonda renovación do programa de emisións conmemorativas. Entre os feitos máis destacables deste período están a cuñaxe das primeiras moedas conmemorativas desde 1954 —e en ouro, as primeiras desde 1933[5] e o inicio do exitoso programa American Eagle; dirixiu os programas de moedas dun dólar conmemorativo e no seu derradeiro ano como directora lanzouse o dólar de prata conmemorativo da guerra de Corea.[4] Tamén foi a directora de márketing no seu país para o programa de moedas do centenario do Comité Olímpico Internacional.[1][6]

Outra das súas achegas foi a creación da Oficina do Historiador da Casa da Moeda dos Estados Unidos, para investigar sobre a historia desta institución.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Entre os recoñecementos máis salientables pola súa carreira están a inclusión entre as lexisladoras máis influentes do país polo Instituto de Política da Universidade Rutgers e polo Instituto da Política da Muller do Mount Vernon Seminary and College, de Washington.[2]

No ámbito numismático, en 1991 Pope foi merecedora do Premio ao Servizo Público Destacado, da American Numismatic Society.[1][7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Donna Pope casou o 21 de outubro de 1951 con Raymond Pope, con quen tivo dúas fillas.[1][3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Stella Hackel Sims

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1981 - 1991
Sucesor:
David J. Ryder