Don Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Davis
Nome completo Donald Davis Romain
Naceu 4 de febreiro de 1957
Orixe California, Estados Unidos
Ocupación (s) Compositor, director de orquestra
Tempo en activo 1983 - presente

Donald Davis Romain, nado o 4 de febreiro de 1957, é un compositor estadounidense de música para películas e director de orquestra. É máis coñecido polo seu traballo nos filmes da serie Matrix (The Matrix, The Matrix Reloaded e The Matrix Revolutions) e traballou nunha gran variedade de películas desde terror a comedia.

As súas partituras caracterízanse pola súa atonalidade e estilo vangardista, con influencias de obras politonais minimalistas, como as de John Adams, como o uso das técnicas do compositor Witold Lutosławski.

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Davis naceu en Anaheim, California. Tivo especial interese na música desde moi pequeno, aprendendo a tocar a trompeta con 9 anos e escribindo pezas curtas con 12.

Nas primeiras etapas da súa vida, empezou a interesarse principalmente en xéneros como o jazz e o rock. Tras graduarse no instituto, Davis matriculouse na Universidade de California de Los Ángeles (UCLA), especializándose en teoría musical e composición ao mesmo tempo que exercía de trompetista en bandas de jazz universitarias así como en diversas orquestras. Continuou os seus estudos de composición musical co profesor Henri Lazarof. Ademais, tamén aprendeu dirección de orquestra da man de Albert Harris. Durante a aprendizaxe con Harris, este presentoulle o compositor Joe Harnell, o cal axudou a Davis na busca do seu primeiro traballo. O seu debut como profesional foi en Hart to Hart, unha serie de televisión baseada na película de 1930, The Thin Man. Tamén traballou como compositor xunto a Michael Kamen na película Die Hard 2.

Cine e televisión[editar | editar a fonte]

Davis escribiu obras para numerosas das series de televisión até 1995 en Estados Unidos. Ese mesmo ano escribiu algunhas pezas da película animada de Disney A Goofy Movie. Seguiu creando pezas para series de televisión até que dous directores novos, os irmáns Wachowski, o contrataron para traballar na película de cine negro, Bound, que obtivo bastante éxito de taquilla. Bound foi a película que levou a Davis a converterse no compositor de toda a triloxía Matrix. Posteriormente, Davis compuxo partituras para películas como Jurassic Park III (recomendado por John Williams, compositor das anteriores), House on Haunted Hill e Behind Enemy Lines.

Películas[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]