Domingo Maza
Domingo Maza Calvo, nado en Santiago de Compostela o 21 de marzo de 1889 e morto en Bos Aires (Arxentina) o 18 de setembro de 1956, foi un escultor galego que desenvolveu a súa actividade en Arxentina.
Índice |
Traxectoria [editar]
Despois de estudar Artes e Oficios en Santiago, emigrou a Arxentina ós 19 anos. Alá destacou polas obras de imaxinería relixiosa, entre as que cómpre cita-las esculturas de San Bosco, os santos Cosme e Damián ou San Cristovo, así como o Cristo do altar maior da catedral de Bos Aires.
Recibiu diferentes premios e medallas, alcanzando un éxito notable.
Probablemente, a sona de Domingo Maza vénlle de se-lo autor da máscara da cara e un baleirado en xeso da man dereita de Castelao, de quen fora amigo persoal, e que se conservan no Centro Galicia de Bos Aires [1] [2]. No mesmo Centro consérvase unha cabeza xacente [3] de Castelao, feita en madeira, e os bustos que esculpiu de Lamas Carvajal, Alexandre Bóveda e Curros [4].
Ademais do seu labor como escultor, Domingo Maza foi presidente da Irmandade Galega e fundou a revista Compostela (Bos Aires, 1938), da que foi o primeiro director.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- NEIRA VILAS, Xosé: "Domingo Maza", na Gran Enciclopedia Galega, tomo 28, 2003.