Dmitrii Medvedev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dmitri Medvedev")
Medvedev

Dmitrii Anatolevich Medvedev[1] (en ruso Дмитрий Анатольевич Медведев), nado o 14 de setembro de 1965 en Leningrado (actual San Petersburgo), é un político ruso. O 2 de marzo de 2008, foi elixido Presidente de Rusia co 70'23 % dos votos e desde o 8 de maio de 2012 é primeiro ministro ruso.

Biografía[editar | editar a fonte]

Seu pai, Anatoli Afanasievich Medvedev, morto en 2004, era profesor do Instituto Tecnolóxico Lensovet; súa nai era profesora de lingua no Instituto Pedagóxico Hertzen, logo guía de museo. Fillo único. Vivían no barrio Kuptchino na periferia da cidade.

Diplomado pola facultade de Dereito civil da Universidade de Leningrado en 1987, doutor no 1990. Sendo aínda estudante, apaixonouse pola fotografía e o rock'n'roll. Gañou tamén competicións de halterofilia. Casou no ano 1989 con a súa compañeira de escola Svetlana Linnik, diplomada de finanzas e economía, que traballa en Moscova. O matrimonio ten un fillo, Ilia, nado en 1996.

A facultade de Dereito de San Petersburgo pode estar orgullosa de ter formado dous presidentes, Vladímir Putin (diplomado en 1975) e Medvedev (en 1987).

Carreira profesional e política[editar | editar a fonte]

Entre 1990 en 1999 foi profesor da Universidade Estatal de San Petersburgo. Entre 1990 e 1995, foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado, Anatoli Sobtchak, experto mo Comité de relacións exteriores do Concello de San Petersburgo. Máis tarde servíu directamente sob a dirección de Vladimir Putin. Estaba a cargo da posta a punto de diversos contratos e proxectos de investimento.

No ano 1993, foi un dos fundadores da empresa «Fincell», á súa vez matriz fundadora de «Ilim Pulp Enterprise», un dos xigantes forestais rusos. Nesta última compañía, Medvedev foi director de asuntos xurídicos. En 1998, entrou no consello de dirección dunha das maiores empresas controladas por aquela: o combinado forestal de Bratsk. Converteuse, en decembro de 1999, en director adxunto da administración presidencial, para pasar a director, ao ser designado no ano 2000.

No 2000, tórnase aínda presidente do consello de dirección do grupo Gazprom.

En outubro de 2003, pasa a xefe de administración do Kremlin.

Era desde o 14 de novembro de 2005 primeiro Viceprimeiro Ministro, con a responsabilidade da posta en marcha dos proxectos nacionais e prioritarios.

O 10 de decembro de 2007, Medvedev é designado candidato á eleizón presidencial rusa de 2008 por catro partidos, Rusia Unida, Rusia Xusta, Partido Agrario e Forza Civil, membros da coalición actualmente no poder e que sostiñan a Putin. Foi elixido, sen sorpresa, presidente de Rusia, o día 2 de marzo de 2008, na primeira volta das eleizóns presidenciais.

Medvedev é considerado como un dos xefes da á «liberal» do Kremlin, por oposición aos «siloviki» (exército, policía, servizos de seguranza).

Presidente de Rusia[editar | editar a fonte]

Aos 42 anos de idade, Medvedev é o terceiro presidente da Rusia postsoviética logo de Boris Ieltsin (1991-1999) e Vladimir Putin (2000-2008). É igualmente o máis novo.

Tomou oficialmente posesión do cargo o 7 de maio de 2008.


Predecesor:
Vladimir Putin
Standard of the President of the Russian Federation.svg
Presidente da Federación Rusa

2008 - 2012
Sucesor:
Vladimir Putin
  1. Segundo a transliteración oficial de Rusia (véxase WP:TRL).