Ditadura militar de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Xunta Militar de Goberno.
O xeneral Augusto Pinochet, líder da ditadura militar, durante un discurso.

A ditadura militar de Chile, tamén chamada Réxime Militar,[1] foi o réxime ditatorial militar estabelecido en Chile entre o 11 de setembro de 1973 e o 11 de marzo de 1990, e por extensión coñécese así ao período da historia chilena en que devandita ditadura estivo vixente.

Este período comezou co golpe de estado que derrocou o goberno democrático do presidente Salvador Allende. As forzas armadas e de orde estabeleceron unha Xunta Militar de Goberno presidida polo comandante en xefe do Exército, Augusto Pinochet, quen se convertería no líder da ditadura durante toda a súa extensión. O resto da Xunta estivo conformada nos seus primeiros anos por José Toribio Merino, Gustavo Leigh e César Mendoza, en representación da Armada, a Forza Aérea e Carabineros respectivamente. Aínda que orixinalmente tivo un neto carácter militar, co paso dos anos foron incorporándose colaboradores civís ao goberno.

O novo réxime caracterizouse por un modelo autoritario, estabelecido sobre principios emanados da ultradereita, tales como o anticomunismo, a prohibición legal dos partidos políticos (até 1987),[2] a prohibición dos sindicatos, a limitación da liberdade de expresión, a disolución do Congreso Nacional (substituído por unha Xunta Militar de Goberno) e a carencia de democracia.[3] O anterior reflectiouse nas sistemáticas violacións dos dereitos humanos cometidas pola ditadura,[4][5] rexistrándose cando menos 28 259 vítimas de prisión política e tortura,[6][7] 2298 executados e 1209 detidos desaparecidos.[8] Sumado ao anterior, a medida sancionatoria que afectou ao maior número de opositores foi o exilio político, con máis de 200 000 persoas en total (expulsados e autoexiliados) coas súas familias, o que representou o meirande movemento emigratorio na historia do país.[9]

Durante este tempo, Chile experimentou unha notoria transformación económica, social e cultural. No estritamente económico, significou unha mudanza radical de orientación do papel do estado, dun rol produtor e interventor a un de tipo subsidiario, inspirado nas doutrinas económicas neoliberais. No social, significou o dominio sen contrapeso dos sectores empresariais, o aumento sostido da desigualdade de ingreso,[10][11] xunto cun incremento na precariedade e inestabilidade laboral dos sectores asalariados. No cultural, deu lugar ao denominado «apagón cultural», caracterizado pola represión e censura de certas manifestacións culturais consideradas contrarias aá liña oficial.[12]

En 1980, logo dun irregular plebiscito,[13][14] foi aprobada unha nova constitución na cal Pinochet reafirmou o seu cargo como Presidente da República, mentres a Xunta de Goberno se limitaba ao poder lexislativo. O texto constitucional estabeleceu tamén unha serie de disposicións que, finalmente, permitirían o retorno á democracia como consecuencia do resultado do plebiscito do 5 de outubro de 1988. En devandito referendo, o pobo chileno denegoulle a Pinochet un novo mandato e, en consecuencia, celebráronse eleccións presidenciais democráticas o ano seguinte. A ditadura militar acabou en 1990 coa entrega de mando de Augusto Pinochet ao novo presidente Patricio Aylwin, comezando así un novo período histórico coñecido como Transición á democracia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández, Oriana (5 de xaneiro de 2012). "¿"Dictadura" o "régimen" militar? Connotados historiadores entran a la polémica por cambio en los textos escolares". La Segunda. Consultado o 19 de outubro de 2017. 
  2. "La Junta Militar chilena autoriza los partidos políticos, excepto los marxistas". El País. 16 de xaneiro de 1987. Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  3. Fermandois, Joaquín, Mundo y fin de mundo, Chile en la política mundial 1900-2004, 2005, p.397-400
  4. (Vial 2002, pp. 236–239)
  5. Correa y otros (2002). Historia del siglo XX chileno. pp. p. 280–283. 
  6. Comisión Nacional sobre Prisión Política y Tortura. "Nómina de personas reconocidas como víctimas" (PDF). Consultado o 5 de xaneiro de 2012. nominavalech 
  7. Instituto Nacional de Derechos Humanos. "Informe de la Comisión Presidencial Asesora para la Calificación de Detenidos Desaparecidos, Ejecutados Políticos y Víctimas de Prisión Política y Tortura" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  8. Comisión Nacional de Verdad y Reconciliación. "Informe - Tomo 2". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  9. Jorge A. Schiavon; Jorge Durand (21 de agosto de 2014). Perspectivas migratorias: Un análisis interdisciplinario de la migración internacional. Centro de Investigación y Docencia Económicas. p. 22. ISBN 978-607-7843-07-8. 
  10. Larrañaga, Osvaldo (outubro de 2011). "Distribución de Ingresos en Chile: 1958 – 2001" (PDF). Consultado o 5 de xaneiro de 2012. desigualdad 
  11. Schteingart, Daniel (2008). "Cambios socioeconómicos a partir de la década del ´70: los casos de Argentina y Chile". Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  12. Navarro Ceardi, Arturo. "Cultura, televisión y violencia en América Latina (El caso chileno)" (PDF). 
  13. Mayarí Castillo Gallardo (2009). "Sistema político: partidos y marcos institucionales". Identidades políticas. Trayectorias y cambios en el caso chileno. Consultado o 12 de novembro de 2014. 
  14. Luis Vega (1991). "Estado militar y transición democrática en Chile". Estado militar y transición democrática en Chile. Consultado o 12 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barros, Robert (1980). La Junta Militar Pinochet y la Constitución. Santiago de Chile: Editorial Sudamericana. ISBN 956-262-248-7. 
  • Cavallo, Ascanio; Salazar, Manuel y Sepúlveda, Óscar (1998). La Historia Oculta del Régimen Militar. Santiago de Chile: Editorial Sudamericana. ISBN 956-262-061-1. 
  • Fermandois, Joaquín (2005). Mundo y Fin de Mundo, Chile en la política mundial 1900-2004. Santiago de Chile: Ediciones Universidad Católica. ISBN 956-14-0812-0. 
  • Sofía Correa; Consuelo Figueroa; Alfredo Jocelyn-Holt; Claudio Rolle; Manuel Vicuña. (2001). La Historia del siglo XX chileno. Santiago de Chile: Editorial Sudamericana. ISBN 956-262-144-8. 
  • Fernández Fernández, D.: Historia de la Iglesia Católica en Santiago de Chile desde el Concilio Vaticano II hasta la actualidad: el testimonio oral como fuente. Universidad de Cádiz, 1995.
  • Fernández Fernández, D.: La "Iglesia" que resistió a Pinochet. Historia, desde la fuente oral, del Chile que no puede olvidarse. Madrid: IEPALA, 1996.
  • Huneeus, Carlos (2000). El Régimen de Pinochet. Santiago de Chile: Editorial Sudamericana. ISBN 956-262-126-X. 
  • Katz, Claudel. Chile Bajo Pinochet. Anagrama. ISBN 84-339-2537-7. 
  • Kornbluh, Peter (2011). "Chile and the United States: Declassified Documents Relating to the Military Coup, September 11, 1973". National Security Archive Electronic Briefing Book No. 8. Washington: National Security Council. Consultado o 10 de setembro de 2013. 
  • Verdugo, Patricia (2008). Allende: Cómo la Casa Blanca preparó su muerte (PDF). Santiago: Catalonia. ISBN 978-956-8303-00-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de febreiro de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  • Vial, Gonzalo (2002). Pinochet La Biografía. Santiago de Chile: El Mercurio - Aguilar. ISBN 956-239-234-1.