Armada de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo da Armada de Chile.

A Mariña de Chile, ou tamén Armada de Chile (en castelán: Armada de Chile) é unha das institucións e ramas que compoñen as Forzas Armadas do país. Foi fundada no 1818 e a súa principal misión é a de participar da seguridade externa e da defensa militar de Chile, realizando accións nos tempos de paz e de guerra.

En tempos de paz, entre outras actividades, contribúe ao desenvolvemento do poder marítimo do país para o cal ofrece unha navegación segura, monitorea o territorio marítimo nacional e apoia a comunicación por mar coas áreas remotas.

En tempos de guerra, debe desenvolver operacións para que Chile poida facer uso libre do mar como un medio de comunicación e debe rexeitar tal uso para o inimigo. Debe apoiar o esforzo de guerra das outras ramas das forzas armadas, co seu efectivo de 25.000 militares, ademais dos seus 3.000 soldados da infantería naval.

As súas bases operativas están localizadas nas cidades de Iquique, Valparaíso, Talcahuano, Puerto Montt e Punta Arenas.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Armada de Chile

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]