A dinactina ou complexo activador da dineína é unha proteína formada por moitas subunidades, que se encontra nas células eucarióticas, e colabora no transporte intracelular bidireccional ao unirse a poteínas motoras como a dineína e a cinesina-2 e ligalas a orgánulos ou vesículas celulares para que estes sexan transportados.[1][2]
A dinactina consta de moitas subunidades, das cales o dobrete p150Glued (codificado polo xeneDCTN1) é o meirande e é esencial para o seu funcionamento.[1] Esta estrutura da dinactina está moi conservada nos vertebrados. Existen tres isoformas codificadas polo mesmo xene p150Glued.[3]
O complexo dinactina visualizado por técnicas de microscopía electrónica parece un filamento curto de 37 nm de lonxitude, que lembra á actina F cun filamento orientado lateralmente e máis delgado que remata en dúas cabezas globulares.[4]
O complexo da dinactina consta de tres dominios estruturais principais, que son:
A dinactina interacciona coa dineína directamente pola unión das cadeas intermedias da dineína co dobrete p150Glued.[6]
A DCTN2 (dinamitina) está tamén implicada no ancoramento de microtúbulos aos centrosomas e pode xogar algún papel na formación de sinapses entre as neuronas durante o desenvolvemento do cerebro.[7] A DCTN4 (p62) únese directamente á subunidade Arp1 da dinactina.[8][9] A Arp1 é o dominio para a unión da dinactina a vesículas membranosas (como as orixinadas no aparato de Golgi ou endosomas tardíos) por medio da súa asociación coa β-espectrina.[10][11][12][13] O complexo do extremo bicudo (PEC, pointed end complex) está implicado na unión selectiva do cargamento. As subunidades PEC p62/DCTN4 e Arp11/Actr10 son esenciais para a integridade do complexo dinactina e no establecemento do destino da dinactina/dineína cara a envoltura nuclear antes da mitose.[14][15][16] A dinactina p25/DCTN5 e p27/DCTN6 non son esenciais para a integridade do complexo da dinactina, pero cómpren para o transporte de endosomas temperáns e reciclados durante a interfase e a regulación do punto de control (checkpoint) da ensamblaxe do fuso na mitose.[16][17][18]
A dinactina é a miúdo esencial para a actividade da dineína[1][19] e pode considerarse como un "receptor da dineína"[6] que modula a unión da dineíma aos orgánulos da célula, que van ser transportados ao longo dos microtúbulos.[20][21]
A dinactina tamén potencia a procesividade dos motores dineína citoplasmática[22] e cinesina-2.[23]
A dinactina está implicada en varios procesos como o aliñamento dos cromosomas e a organización do fuso[24] na división celular.[25] A dinactina contribúe a enfocar o polo do fuso mitótico por medio da súa unión á proteína do aparato mitótico nuclear (NuMA).[26][27] A dinactina tamén se une ao cinetocoro por medio da unión entre DCTN2/dinamitina e zw10 e ten unha función na inactivación do punto de comprobación do fuso mitótico.[28][29] Durante a prometafase, a dinactina tamén axuda a dirixir ao cinetocoro a quinase tipo polo 1 (Plk1) por medio da DCTN6/p27 fosforilada por quinase dependente de ciclina 1 (Cdk1), a cal está implicada na unión correcta entre microtúbulo e cinetocoro e o recrutamento da proteína Mad1 do punto de comprobación da ensamblaxe do fuso.[18] Ademais, a dinactina ten unha función esencial no mantemento da posición nuclear en Drosophila,[30]peixe cebra[31] ou en diferentes fungos.[32][33] A dineína e a dinactina concéntranse na envoltura nuclear durante a profase e facilitan a disgregación da envoltura nuclear por medio das súas subunidades DCTN4/p62 e Arp11.[16][34]
A dinactina tamén é necesaria para o ancoramento de microtúbulos aos centrosomas e á integridade do centrosoma.[35] A desestabilización do conxunto de moléculas de dinactina do centrosoma tamén causa unha separación anormal dos centríolos en G1 e o atraso da entrada na fase S, o que parece indicar que a dinactina contribúe ao recrutamento de importantes reguladores do ciclo celular nos centrosomas.[36] Ademais do transporte de varios orgánulos no citoplasma, a dinactina tamén une a cinesina-2 a orgánulos.[2]
↑Uetake Y, Terada Y, Matuliene J, Kuriyama R (2004). "Interaction of Cep135 with a p50 dynactin subunit in mammalian centrosomes". Cell Motil. Cytoskeleton58 (1): 53–66. PMID14983524. doi:10.1002/cm.10175.
↑Karki S, Tokito MK, Holzbaur EL (2000). "A dynactin subunit with a highly conserved cysteine-rich motif interacts directly with Arp1". J. Biol. Chem.275 (7): 4834–9. PMID10671518. doi:10.1074/jbc.275.7.4834.
↑Garces JA, Clark IB, Meyer DI, Vallee RB (1999). "Interaction of the p62 subunit of dynactin with Arp1 and the cortical actin cytoskeleton". Curr. Biol.9 (24): 1497–500. PMID10607597. doi:10.1016/S0960-9822(00)80122-0.
↑Holleran, EA; Ligon, LA; Tokito, M; Stankewich, MC; Morrow, JS; Holzbaur, E.L. F. (2001). "βIII Spectrin Binds to the Arp1 Subunit of Dynactin". The Journal of Biological Chemistry276 (39): 36598–36605. PMID11461920. doi:10.1074/jbc.M104838200.
↑Muresan, V; Stankewich, MC; Steffen, W; Morrow, JS; Holzbaur, EL; Schnapp, BJ (2001). "Dynactin-Dependent, Dynein-Driven Vesicle Transport in the Absence of Membrane Proteins". Molecular Cell7 (1): 173–183. PMID11172722. doi:10.1016/S1097-2765(01)00165-4.
↑
Karki Sher, Holzbaur Erika LF (1 February 1999). "Cytoplasmic dynein and dynactin in cell division and intracellular transport". Current Opinion in Cell Biology11 (1): 45–53. PMID10047518. doi:10.1016/S0955-0674(99)80006-4.
↑Xiang, X; Han, G; Winkelmann, DA; Zuo, W; Morris, NR. (2000). "Dynamics of cytoplasmic dynein in living cells and the effect of a mutation in the dynactin complex actin-related protein Arp1". Curr Biol.10 (10): 603–6. PMID10837229. doi:10.1016/S0960-9822(00)00488-7.