Diego de Almagro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diego de Almagro.

Diego de Almagro, nado en Almagro en 1472 e finado en Cusco en 1538, foi un conquistador español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na conquista española do Imperio Inca con Francisco Pizarro. Os éxitos de Pizarro animárono a solicitar ao rei o permiso para emprender unha expedición de conquista por conta propia, o que causou friccións con Francisco. Almagro entrou no territorio da actual Chile para conquistar ese territorio. Nomeado en 1535 gobernador de Nova Toledo, ao regreso ao Perú ocupou a cidade de Cusco por considerar que pertencía á súa gobernación e fixo prisioneiros a Gonzalo Pizarro e Hernando Pizarro. Por mediación de Pizarro liberounos, pero estes aproveitaron para atacar a Diego, que estaba enfermo. Derrotado por Hernando Pizarro na batalla das Salinas, foi executado en Cusco. O seu fillo Diego de Almagro o Mozo púxose á fronte dos almagristas pero acabou sendo executado.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diego de Almagro Modificar a ligazón no Wikidata