Diego de Almagro o Mozo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diego de Almagro, coñecido como o Mozo, nado en 1520 en Panamá e finado o 16 de setembro de 1542 en Cuzco, foi un conquistador español fillo de Diego de Almagro e unha india panameña, Ana Martínez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou ao Perú en 1535, logo da morte de seu pai en Cuzco en 1538, o Mozo ponse á fronte dos almagristas, os cales asasinan a Francisco Pizarro en Lima en 1541 e nomean ó Mozo gobernador que se levanta contra a autoridade do gobernador de Perú, Cristóbal Vaca de Castro. Os dous exércitos enfrontáronse na batalla de Chupas o 16 de setembro de 1542, derrotados os almagristas o Mozo tentou refuxiarse entre os rebeldes incas de Vilcabamba pero foi capturado e executado en Cusco.