Die Jungfrau von Orleans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anuncio da primeira representación de Jungfrau von Orleans

Die Jungfrau von Orleans (literalmente A doncela de Orléans) é unha traxedia de Friedrich Schiller estreada o 11 de setembro de 1801 en Leipzig

Argumento e significación[editar | editar a fonte]

A peza é unha versión libre da vida de Xoana de Arco, conta cun prólogo presentando os personaxes máis importantes, seguido por cinco actos, cada un dramatiza un momento significativo na vida de Xoana, que se presenta idealizada ata o sublime [1]. A obra reflicte o novo nacionalismo e militarismo que se vivía no século XIX, e tamén presenta a idea kantiana da necesidade de subxectar a emoción a un principio moral. Foi a obra de Schiller máis representada ata a Primeira Guerra Mundial[2], pero logo da Segunda Guerra Mundial o seu militarismo causou algunhas críticas pero pola súa forza dramática segue a ser unha obra amplamente representada nos países de lingua alemá, con doce producións na tempada 2004/2005, coincidindo co ano Schiller [3].

Adaptacións operísticas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Heimann, Nora M. (2005) Joan of Arc in French Art And Culture (1700-1855): From Satire to Sanctity
  2. Albert Ludwig (1909) Schiller und die deutsche Nachwelt. Berlin. Weidmannsche Buchhandlung 1909, páx. 646.
  3. Werkstatistik 2004/05 des Deutschen Bühnenvereins