Didinium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Didinium
Didinium nasutum ilustrado por Schewiakoff, 1896
Didinium nasutum ilustrado por Schewiakoff, 1896
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Superfilo: Alveolata
Filo: Ciliophora
Clase: Litostomatea
Orde: Haptorida
Familia: Didiniidae
Xénero: ''Didinium''
Stein, 1859

Didinium é un xénero de protozoos ciliados do que polo menos hai dez especies aceptadas. Todos son protozoos de vida libre que se alimentan depredando a outros protistas. A maioría viven en augas doces ou salobres, pero tres das especies son mariñas. A súa dieta consiste principalmente en Paramecium, pero poden tamén atacar e consumir outros ciliados.[1] Algunhas especies, como D. gargantua, tamén se alimentan de protistas non ciliados como dinoflaxelados, criptomónadas, e algas verdes. [2]

Características[editar | editar a fonte]

Os Didinium son arredondados, ovais ou con forma de barril e a súa lonxitude vai de 50 a 150 micrómetros. [3] O corpo celular está circundado por dúas bandas de cilios, ou pectinelas. Isto distíngueos do xénero relacionado Monodinium, que ten unha soa banda, excepto durante a división celular.[4] Utiliza as pectinelas para moverse na auga mediante un movemento de rotación da célula sobre o seu eixe.[5] No extremo anterior ten unha estrutura cónica que sobresae, sostida por unha barreira de rexos bastóns microtubulares (os chamados nematodesmos ou nematodesmata). Este cono encerra o citostoma ou abertura "bucal", como noutros ciliados haptorios. As dimensións desta protuberancia varían nas diferentes especies.

O macronúcleo é longo, e pode estar curvado, ter forma de ferradura ou retorto formando unha figura que parece o número oito.[6] Na parte posterior da célula hai un vacúolo contráctil e un poro anal.[7]

Como todos os ciliados os Didinium reprodúcense asexualmente por medio de fisión binaria, ou tamén sexualmente por conxugación.

Didinium nasutum[editar | editar a fonte]

Didinium nasutum alimentándose dun paramecio. Ilustración de S. O. Mast, 1909.

Moito do que se publicou sobre este xénero está baseado nos numerosos estudos que se fixeron da especie Didinium nasutum. Esta especie é un voraz depredador, e usa estruturas especializadas chamadas toxicistos para atrapar e paralizar o ciliado que se converteu na súa presa. Unha vez que o capturou, a presa é rodeada polo citostoma expandible de Didinium.[8]

Aínda que ás veces se describe a D. nasutum como un microorganismo que se alimenta só de Paramecium, tamén se observou que come outras especies de ciliados, como Colpoda, Colpidium campylum, Tetrahymena pyriformis, Coleps hirtus e Lacrymaria olor.[9] [10] Ademais, as cepas de Didinium que creceron alimentándose de Colpidium campylum mostrarán preferencia por alimentarse desa especie, e diminuirá a súa capacidade de matar e inxerir paramecios.[11]

En ausencia de alimento, D. nasutum enquístase, permanecento dormente dentro dunha cuberta protectora que forma.[12] No laboratorio, outros estímulos ambientais, como a idade do medio de crecemento ou a acumulación de certos produtos metabólicos residuais, poden tamén causar o enquistamento.[13] Cando a forma enquistada de D. nasutum se expón a un cultivo vigoroso de Paramecium, desenquístase, volvendo á súa forma activa nadadora.[14]

O quiste de Didinium permanece viable polo menos durante 10 anos.[15]

Historia e clasificación[editar | editar a fonte]

Vorticella nasuta, de O. F. Müller, 1786. Este foi o primeiro nome que tivo Didinium nasuta.

Didinium descubriuno no século XVIII o naturalista O.F. Müller e describiuno no seu libro Animalcula Infusoria dándolle o nome de Vorticella nasuta.[16] En 1859, Samuel Friedrich Stein moveu a especie ao xénero de nova creación Didinium, que situou na orde Peritricha, xunto con outros ciliados que tiñan unha banda ciliada na parte anterior da célula, (como Vorticella e Cothurnia).[17] Máis tarde nese mesmo século, no esquema taxonómico creado por Otto Bütschli, Didinium foi separado dos Peritricha, e situado na orde Holotricha.[18] En 1974, John. O. Corliss creou a orde Haptorida, dentro da subclase Haptoria, para as "formas carnívoras rapaces" como Didinium, Dileptus e Spathidium.[19] Este grupo foi despois situado na clase Litostomatea Small & Lynn, 1981.

A análise xenética dos ciliados haptorios indica que non son un grupo monofilético.[20][21]

Lista de especies[editar | editar a fonte]

Didinium alveolatum Kahl, 1930
Didinium armatum Penard, 1922
Didinium balbianii Fabre-Domergue, 1888
Didinium bosphoricum Hovasse, 1932
Didinium chlorelligerum Kahl, 1935
Didinium faurei Kahl, 1930
Didinium gargantua Meunier, 1910
Didinium impressum Kahl, 1926
Didinium minimum
Didinium nasutum(Müller, 1773) Stein, 1859

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berger, Jacques (Oct 1979). "The Feeding Behavior of Didinium nasutum on an Atypical Prey Ciliate (Colpidium campylum)". Transactions of the American Microscopical Society 98 (4): 487–94. http://www.jstor.org/stable/3225898?origin=JSTOR-pdf. Consultado o 2012-09-07. 
  2. "Didinium Gargantua". Planktonic Ciliate Project on the Internet. University of Liverpool School of Biological Sciences. http://www.liv.ac.uk/ciliate/Datasheets/d_garg/text.htm. Consultado o 6 September 2012. 
  3. Kahl, Alfred (1930-35). F. Dahl. ed. Urtiere oder Protozoa I: Wimpertiere oder Ciliata (Infusoria) In: Die Tierwelt Deutschlands. 1. Allgemeiner teil und Prostomata. Jena: G. Fischer. pp. 123–6. 
  4. Lee, John J. et al (2000). John J. Lee, Gordon F. Leedale, Phyllis Bradbury. ed. An Illustrated Guide to the Protozoa: organisms traditionally referred to as protozoa, or newly discovered groups. 1 (2 ed.). Lawrence, Kansas: Society of Protozoologists. pp. 480–1. ISBN 1-891276-22-0. 
  5. Mast, S. O. (Feb 1909). . "The Reactions of Didinium nasutum (Stein) with Special Reference to the Feeding Habits and the Function of Trichocysts". Biological Bulletin 16 (3): 92–3. http://www.jstor.org/stable/1536126 .. Consultado o 04/09/2012. 
  6. Mast, S. O. (Feb 1909). . "The Reactions of Didinium nasutum (Stein) with Special Reference to the Feeding Habits and the Function of Trichocysts". Biological Bulletin 16 (3): 92. http://www.jstor.org/stable/1536126 .. Consultado o 04/09/2012. 
  7. Kent, William Saville (1881-2). A Manual of the Infusoria. 2. London: David Bogue. pp. 638–9. 
  8. Mast, S. O. (Feb 1909). . "The Reactions of Didinium nasutum (Stein) with Special Reference to the Feeding Habits and the Function of Trichocysts". Biological Bulletin 16 (3): 96–112. http://www.jstor.org/stable/1536126 .. Consultado o 04/09/2012. 
  9. Berger, Jacques (Oct 1979). "The Feeding Behavior of Didinium nasutum on an Atypical Prey Ciliate (Colpidium campylum)". Transactions of the American Microscopical Society 98 (4): 487–94. http://www.jstor.org/stable/3225898?origin=JSTOR-pdf. Consultado o 2012-09-07. 
  10. Mast, S. O. (Feb 1909). . "The Reactions of Didinium nasutum (Stein) with Special Reference to the Feeding Habits and the Function of Trichocysts". Biological Bulletin 16 (3): 114. http://www.jstor.org/stable/1536126 .. Consultado o 04/09/2012. 
  11. Berger, Jacques (Oct 1979). "The Feeding Behavior of Didinium nasutum on an Atypical Prey Ciliate (Colpidium campylum)". Transactions of the American Microscopical Society 98 (4): 487–94. http://www.jstor.org/stable/3225898?origin=JSTOR-pdf. Consultado o 2012-09-07. 
  12. Beers, C. Dale (15 Sept 1925). "Encystment and the Life Cycle in the Ciliate Didinium nasutum". Proceedings of the National Academy of Sciences 11 (9): 525. PMC 1086111. PMID 16576909. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=1086111. 
  13. Beers, C. Dale (March 1927). "Factors involved in encystment in the ciliate didinium nasutum". Journal of Morphology 43 (2): 499–520. DOI:10.1002/jmor.1050430208. 
  14. Mast, S. O. (July 1917). "Conjugation and encystment in Didinium nasutum with especial reference to their significance". Journal of Experimental Zoology 23 (2): 340. DOI:10.1002/jez.1400230206. 
  15. Beers, C. Dale (Sept-Oct 1937). "The Viability of Ten-Year-Old Didinium Cysts (Infusoria)". The American Naturalist 71 (736): 521–4. JSTOR 2457306. 
  16. Müller, O.F. Animalcula Infusoria, Fluvia Tilia et Marina. 1786. Hauniae, Typis N. Mölleri. pp. 268-9.
  17. Stein, Friedrich (1859, 1867). Der Organismus der Infusionsthiere (1859). Leipzig: W. Engelmann. http://ia700409.us.archive.org/0/items/derorganismusder02stei/derorganismusder02stei.pdf. 
  18. Bütschli, Otto (1887-9). Bronn, H. G.. ed. ERSTER BAND. PROTOZOA.. III. Leipzig & Heidelberg: C. F. Winter,. pp. 1688. 
  19. Corliss, John O. (May 1974). "Remarks on the Composition of the Large Ciliate Class Kinetofragmophora de Puytorac et al., 1974, and Recognition of Several New Taxa Therein, with Emphasis on the Primitive Order Primociliatida N. Ord". Journal of Eukaryotic Microbiolog 21 (2). DOI:10.1111/j.1550-7408.1974.tb03643.x. 
  20. Gao, S; et al. (Nov-Dec 2008). "Phylogeny of six genera of the subclass Haptoria (Ciliophora, Litostomatea) inferred from sequences of the gene coding for small subunit ribosomal RNA". Journal of Eukaryotic Microbiology 55 (6): 562–6. DOI:10.1111/j.1550-7408.2008.00360.x. PMID 19120803. 
  21. Vd'ačný, Peter; et al. (May 2011). "Phylogeny and Classification of the Litostomatea (Protista, Ciliophora), with Emphasis on Free-Living Taxa and the 18S rRNA Gene". Mol Phylogenet Evol. 59 (2): 510–22. DOI:10.1016/j.ympev.2011.02.016. PMID 21333743.