Desulfovibrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desulfovibrio

Desulfovibrio vulgaris
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Thermodesulfobacteriota
Clase: Desulfovibrionia
Orde: Desulfovibrionales
Familia: Desulfovibrionaceae
Xénero: Desulfovibrio
Kluyver & van Niel 1936
Especie tipo
Desulfovibrio desulfuricans
(Beijerinck 1895) Kluyver & van Niel 1936
Especies

Ver texto

Sinonimia
  • Desulfomonas Moore, Johnson & Holdeman 1976
  • "Sporovibrio" Starkey 1938

Desulfovibrio é un xénero de bacterias redutoras do sulfato gramnegativas.[1] As especies de Desulfovibrio atópanse comunmente en ambientes acuáticos con altos niveis de materia orgánica, así como en solos asolagados e forman os principais membros das comunidades de hábitats oligotróficos extremos, como acuíferos en rochas granticas fracturadas. Son bacilos curvos con flaxelación polar non esporulados, que conteñen desulfoviridina.[1]

Utilizan o lactato, piruvato, etanol e certos ácidos graxos como doantes de electróns, reducindo o sulfato a sulfuro. Para cultivalas utilízase un medio anóxico con lactato, sulfato e ión ferroso. O ión ferroso reacciona co ácido sulfhídrico orixinado a partir do lactato, formando un precipitado negro de sulfuro de ferro. Despois íllanse as bacterias en cultivos anaerobios en tubos xiratorios ou placas de Petri, cámaras para anaerobios ou tubos de ágar fundido.[1]

Igual que outras bacterias redutoras do sulfato, Desulfovibrio é considerada un anaerobio obrigado.[1] Pero, aínda que o seu crecemento está limitado en presenza de O2, estas bacterias poden sobrevivir en ambientes con O2, polo que serían aerotolerantes, debido a que posúen varias encimas oxíxeno redutases.[2]

En anos recentes observouse que algunhas especies de Desulfovibrio teñen un potencial na biorremediación de radionúclidos tóxicos como o uranio por un proceso de bioacumulación redutiva.[3]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

A taxonomía actualmente aceptada está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN)[4] e no National Center for Biotechnology Information (NCBI)[5]

Baseado no ARNr 16S (LTP_01_2022)[6][7][8] Baseado en 120 proteínas marcadoras (GTDB 07-RS207)[9][10][11]

D. piger

D. legallii

D. porci

D. desulfuricans

D. intestinalis

D. simplex Zellner et al. 1990

"Ca. D. faecigallinarum" Gilroy et al. 2021

"Ca. D. intestinipullorum" Gilroy et al. 2021

D. piger (Moore et al. 1976) Loubinoux et al. 2002

"Ca. D. intestinigallinarum" Gilroy et al. 2021

"Ca. D. gallistercoris" Gilroy et al. 2021

"Ca. D. intestinavium" Gilroy et al. 2021

"D. fairfieldensis" McDougall et al. 1997

D. porci Wylensek et al. 2021

"Ca. D. kirbyi" Takeuchi et al. 2020

"Ca. D. trichonymphae" Sato et al. 2009

D. legallii corrig. Thabet et al. 2013

D. desulfuricans (Beijerinck 1895) Kluyver & van Niel 1936

D. intestinalis Frohlich et al. 1999

Especies non asignadas:

  • "D. caledoniensis" Tardy-Jacquenod et al. 1996
  • "D. cavernae" Sass & Cypionka 2004
  • "D. diazotrophica" Sayavedra et al. 2021
  • "D. halohydrocarbonoclasticus" Zobell 1947
  • "D. hontreensis" Tarasov et al. 2015
  • "D. lacusfryxellense" Sattley & Madigan 2010
  • "D. multispirans" Czechowski et al. 1984
  • "D. oliviopondense" Qatabi Sr. 2007
  • "D. oryzae" Ouattara et al. 2000b
  • "D. rubentschikii" (Baars 1930) ZoBell 1948
  • "D. singaporenus" Sheng et al. 2007

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Madigan M. T., Martinko J. M., Parker J. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª edición. Pearson-Prentice Hall. Páxinas 395-398. ISBN 84-205-3679-2
  2. Ramel F, Brasseur G, Pieulle L, Valette O, Hirschler-Réa A, Fardeau ML, Dolla A. Growth of the obligate anaerobe Desulfovibrio vulgaris Hildenborough under continuous low oxygen concentration sparging: impact of the membrane-bound oxygen reductases. PLoS One. 2 de abril de 2015; 10(4):e0123455. doi: 10.1371/journal.pone.0123455. PMID 25837676 ; PMCID: PMC4383621.
  3. Lovley, Derek R.; Phillips, Elizabeth J. P. (novembro de 1992). "Bioremediation of uranium contamination with enzymatic uranium reduction". Environmental Science & Technology (en inglés) 26 (11): 2228–2234. ISSN 0013-936X. doi:10.1021/es00035a023. 
  4. J.P. Euzéby. "Desulfovibrio". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Consultado o 2022-09-09. 
  5. Sayers; et al. "Desulfovibrio". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database. Consultado o 2022-09-09. 
  6. "The LTP". Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  7. "LTP_all tree in newick format". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2022. Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  8. "LTP_01_2022 Release Notes" (PDF). Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  9. "GTDB release 07-RS207". Genome Taxonomy Database. Consultado o 20 de xuño de 2022. 
  10. "bac120_r207.sp_labels". Genome Taxonomy Database. Consultado o 20 de xuño de 2022. 
  11. "Taxon History". Genome Taxonomy Database. Consultado o 20 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.