Departamento de Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización no Uruguai

Rivera é un departamento uruguaio, situado no nordeste do país. Ten unha superficie de 9.370 km² e segundo o censo de 2004, tiña unha poboación de 104.921 habitantes. A capital departamental é Rivera.

Limita polo oeste con Salto, polo norte e nordeste con Brasil, polo sueste con Cerro Largo e polo sur con Tacuarembó.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Rivera foi creado o 1 de outubro de 1884 a partir do departamento de Tacuarembó, e así chamado na honra do xeneral Fructuoso Rivera, primeiro presidente do Estado Oriental do Uruguai, que participou en numerosas batallas independentistas contra os portugueses, os brasileiros, pasándose de bando para logo ser oficial dos ocupantes portugueses e nas guerras civís contra o Partido Nacional uruguaio e os seus aliados, os rosistas arxentinos.