Departamento de Salto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do departamento no Uruguai

Salto é un departamento uruguaio situado no noroeste do país.

Limita polo norte con Artigas, polo leste con Rivera e Tacuarembó, polo sur con Paysandú, e polo oeste coa provincia arxentina de Entre Ríos, achándose como fronteira o río Uruguai.

A súa superficie total é de 14.163 km², e ten unha poboación estimada de 123.120 habitantes segundo o censo de 2004.[1] A capital departamental é Salto, situada a 502 km respecto a Montevideo.

Historia[editar | editar a fonte]

O pobo foi fundado o 8 de novembro de 1756, sendo elevado o 8 de xuño de 1863 á categoría de cidade. O departamento foi creado o 17 de xuño de 1837 en territorios que antes pertencían ao departamento de Paysandú, e incluía nos seus inicios ao actual departamento de Artigas.

Notas[editar | editar a fonte]