Deluxe
| Deluxe | |
|---|---|
Deluxe en Festival Eólica 2007 (Tenerife, España) |
|
| Información | |
| Orixe | A Coruña, Galicia |
| Período | 2000-presente |
| Xénero(s) | Pop, indie |
| Selo(s) discográfico(s) | EMI Mushroom Pillow |
| Membros | Xoel López |
| Antigos membros | |
| Web oficial | www.xoel.com |
Deluxe é unha banda unipersoal de pop alternativo da Coruña, Galicia. O seu único membro e fundador é Xoel López e as principais linguas que utiliza nas letras son o inglés e o castelán, aínda que tamén ten algún tema en galego.
Índice |
Biografía [editar]
Deu numerosos concertos en España e participou no Festimad, Festival Internacional de Benicàssim (2002, 2003 e 2005), Sonorama, Contempopranea, Espárrago Rock, Festival do Norte e moitos outros. Ademais deu unha xira con Juan Aguirre (Amaral) e participou no proxecto Laboratorio Ñ con Iván Ferreiro, Amaral e Quique González, entre outros[1]. Deu concertos ademais en Renania do Norte-Westfalia, Alemaña durante o Mundial de Alemaña[2].
Os seus primeiros álbums graváronse baixo o selo de Mushroom Pillow, pero o seu último traballo, Fin de un viaje infinito, gravouse con Virgin Records. O seu LP Los Jóvenes Mueren Antes de Tiempo foi considerado o mellor de 2005 segundo a revista Rolling Stone[3].
Ten unha moi boa relación co grupo portugués The Gift[4] [5].
Discografía [editar]
Álbums [editar]
| * | Not What You Had Thought | (2001) |
| * | If Things Were to Go Wrong | (2004) |
| * | Los jóvenes mueren antes de tiempo | (2005) |
| * | Fin de un viaje infinito | (2007) |
| * | Reconstrucción | (2008) |
Notas [editar]
- ↑ http://www.elmundo.es/elmundo/blogs/2005/laboratorion/index.html
- ↑ http://www.wm2006.nrw.de/en/nrwm/the_artists/?band=20
- ↑ [1]
- ↑ http://www.rtp.pt/wportal/antena3/index.php?article=1224&visual=1
- ↑ http://www.indyrock.es/thegift-2.htm