Delfín Quishpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Delfín Quishpe
Delfín Quishpe.JPG
Delfín Quishpe no 2012.
Nome completo Delfín Quishpe Apugllón
Alias Delfín Hasta el Fin
Naceu 28 de decembro de 1977 (36 anos)
Orixe San Antonio de Encalado, Chimborazo, Flag of Ecuador.svg Ecuador
Ocupación (s) Cantante
Xénero Tecno-folklore andino
Instrumento(s) Voz
Selo(s) discográfico (s) Independente
Relacionado con Wendy Sulca, La Tigresa del Oriente
Tempo en activo 1997 - presente
Web Web oficial

Delfín Quishpe Apugllón, coñecido artisticamente como Delfín hasta el fin, nado en San Antonio de Encalado (Guamote, Chimborazo) o 28 de decembro de 1977, é un músico folclórico ecuatoriano. Acadou en 2006 unha notable repercusión internacional coa súa canción "Torres gemelas" a través do portal de Internet Youtube.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha comunidade quechua, e principiou co seu labor musical desde coa composición de temas folclóricos. Traballa no ensino de instrumentos e sons tradicionais a rapaces da súa comunidade, e forma parte de conxuntos musicais e de danzas folclóricas como Revelación (1997), Sensación del momento (1998) e Jatun Ayllu (1999-2000).

Publicou dous discos: El Faraón del Ritmo (2001) e El Gallito (2003).

Discografía[editar | editar a fonte]

  • El Faraón del Ritmo (2001)
  • El Gallito (2003)