Provincia de Chimborazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Chimborazo
Bandeira Ecuador Chimborazo Escudo Ecuador Chimborazo
Bandeira Escudo
Himno: Himno de Chimborazo
 
Chimborazo in Ecuador (+Galapagos).svg
 
Estado Flag of Ecuador.svg Ecuador
Capital
 • Poboación
Riobamba
223.586
Linguas
 • Oficiais
castelán e quechua
Estatus
 • Gobernador
Prefecto

Hermuy Calle Verzozi
Mariano Curicama
25 de xuño de 1824
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

6.487 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 9º
509.352
n/d
Xentilicio chimboracense
Fuso horario UTC-5
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico +3 (+593-3)
Código ISO
Subdivisións de Ecuador Ecuador

A provincia de Chimborazo, é unha das 24 provincias de Ecuador, situada na zona central do corredor transandino. É coñecida como provincia das altas cumes, debido a que nela se encontran varias das cumes máis elevadas do país, como o Carihuayrazo, o Altar, o Igualata, o Tungurahua, o Sangay, entre outros, que nalgúns casos comparte con outras provincias. Na cordilleira occidental encontrase o volcán Chimborazo, que da nome á provincia e cunha altura de 6.310 msnm, é o de máis altura do país. A provincia ten unha superficie próxima ós 6.500 km² e ten unha poboación total de 509.352 habitantes, sendo la novena provincia máis poboada de Ecuador. A capital da provincia é a cidade de Riobamba, unha das máis importantes do país, coñecida como A Sáltana dos Andes, que está situada no centro-norte da mesma, a unha altitude de 2.750 msnm.

Historia[editar | editar a fonte]

Era prehispánica[editar | editar a fonte]

En Chimborazo atopouse o "Home de Punín". En 1923, descubriron restos dun cranio humano fosilizado.

No proceso de expansión da dominación Inca, cara aos anos 1000 os Andes centrais foron escenario do asentamento e expansión do mesmo. En Ecuador, os Incas anexaron a totalidade da serra ao seu imperio. En tempos de Huayna-Cápac, previo á chegada dos españois, os puntos craves da dominación Inca, situáronse en Tomebamba, capital residencial incaica, apoiado por sedes dun"mordomo maior" denominado "tocricoc". No ámbito do exercicio do poder este cargo tiña unha función semellante á de "gobernador de provincia", Para o sur do actual Ecuador o "tocricoc" situábase en Latacunga, sendo Riobamba na época uno dos "tambos".

Fundación de Riobamba[editar | editar a fonte]

A cidade de Riobamba fundouse o 15 de agosto de 1534 por Diego de Almagro, na antiga Cidade de Liribamba (milenaria capital dos Puruhaes) o que hoxe é Villa La Unión no Cantón Colta. Foi a primeira cidade española fundada en terras do que hoxe é Ecuador. Durante a época colonial foi unha cidade grande e próspera, ata que o 4 de febreiro de 1797 foi destruída por un terremoto. Para a súa reconstrución Riobamba foi mudada á actual chaira de Tapi que cumpría coas condicións apropiadas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os límites da provincia son:

División da provincia[editar | editar a fonte]

A provincia está dividida en 10 cantóns e 61 parroquias. Os cantóns son:

Cantóns da provincia de Chimborazo.
Cantón Pob. (2013) Área (km²) Cabeceira Cantonal
Bandera de Alausí.png Alausí 58.518 1.614 Alausí
Bandera de Chambo.png Chambo 12.515 168 Chambo
Bandera de Chunchi.png Chunchi 15.382 270 Chunchi
Bandera de Colta.png Colta 44.202 820 Cajabamba
Bandera de Cumandá.png Cumandá 13.104 169 Cumandá
Bandera de Guamote.png Guamote 41.376 1.216 Guamote
Bandera de Guano.png Guano 48.127 480 Guano
Bandera de Pallatanga.png Pallatanga 12.151 385 Pallatanga
Bandera de Penipe.png Penipe 9.565 375 Penipe
Bandera de Riobamba.svg Riobamba 263.412 990 Riobamba

Demografía[editar | editar a fonte]

Chimborazo en inverno
Paisaxe rural de la provincia de Chimborazo
  • Poboación total[1]: 509.352 hab no ano 2013
  • Mulleres: 265.372 (52.1%)
  • Homes: 243.980 (47.9%)
  • Poboación urbana: 310.680 hab (62%)
  • Poboación rural: 198.722 hab (38%)
  • Idade media da poboación (anos): 27.8
  • Taxa de crecemento anual (%): 3
  • Media de fillos por fogar: 1.9 fillos
  • Media de persoas por fogar: 4.5 persoas

Centros urbanos más poboados[editar | editar a fonte]

  • Riobamba 223.586 habitantes
  • Alausí 15.109 habitantes
  • Guano 14.608 habitantes
  • Colta 11.068 habitantes
  • Guamote 10.107 habitantes
  • Cumandá 9.782 habitantes
  • Pallatanga 9.102 habitantes
  • Chambo 8.210 habitantes
  • Chunchi 6.932 habitantes
  • Penipe 5.176 habitantes

Economía[editar | editar a fonte]

A provincia é unha zona de gran cultura artesanal e un sector de moito desenvolvemento turístico. A artesanía está moi desenvolvida, sobre todo na zona do Cantón Guano, onde aas manufacturas con las, coiros e téxtiles constitúen as principais actividades económicas e polo tanto a riqueza desta rexión.

En Chimborazo cultivase cebada, millo, trigo, cacao, plátano, pataca e algunhas froitas. En gandería desenvolvese a cría de gando ovino, bovino de carne, leite, e a industrialización dos produtos lácteos.

Respecto á minería, Chimborazo ten xacementos de prata, cobre, ouro, mármore, ferro, pedra calcaria e xofre.

Na provincia tamén existen industrias como a do cemento, cerámica, tubos, madeira, entre outras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos preliminares ano 2012, Ministerio de Salud Pública de Ecuador- 2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Chimborazo Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]