Declinación latina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os substantivos, adxectivos e pronomes na lingua latina presentan unha flexión que varía a forma da palabra co obxectivo de sinalar as distintas funcións sintácticas que poden adoptar na oración. A este fenómeno chámaselle declinación do nome.

As declinacións[editar | editar a fonte]

En latín existen cinco declinacións, posto que dependendo da vogal temática existen distintos morfemas flexivos para un mesmo caso. As distintas declinacións agrupáronse segundo a vogal temática do nome xa en época romana do seguinte xeito:

  • Primeira declinación: vogal temática -a, xenitivo en -ae.
  • Segunda declinación: vogal temática -o, xenitivo en -i.
  • Terceira declinación: tema en consoante ou -i, xenitivo en -is.
  • Cuarta declinación: vogal temática -u, xenitivo en -us.
  • Quinta declinación: vogal temática -e, xenitivo en -ei

Os casos da declinación[editar | editar a fonte]

Cada declinación presenta sete casos con variantes morfolóxicas distintas para cada un segundo o seu número (singular ou plural) e o seu xénero (masculino,feminino ou neutro). Dende un punto de vista sincrónico pódese producir un fenómeno de amalgama (que diferentes casos presenten o mesmo morfema flexivo). Os casos en latín son:

Os morfemas flexivos das declinacións[editar | editar a fonte]

Os morfemas flexivos de cada caso engádense a raíz da palabra por sufixación. Segundo os casos, o xénero e o número estes son os morfemas flexivos:

Primeira declinación[editar | editar a fonte]

Caso Singular Plural
Nominativo -a -ae
Vocativo -a -ae
Acusativo -am -as
Xenitivo -ae -arum
Dativo -ae -is
Ablativo -a -is
Locativo -ae Non hai

Segunda declinación[editar | editar a fonte]

Caso Singular Plural
M. e F. Neutro M e F. Neutro
Nominativo -us -um -i -a
Vocativo -e -um -i -a
Acusativo -um -um -os -a
Xenitivo -i -i -orum -orum
Dativo -o -o -is -is
Ablativo -o -o -is -is
Locativo -i -i non hai non hai

Terceira declinación[editar | editar a fonte]

A terceira declinación presenta variacións segundo a palabra sexa parisílaba (temas en consoante) ou imparisílaba (temas en -i). Esta nomenclatura débese a que as palabras chamadas imparisílabas teñen distinto número de sílabas no nominativo que no xenitivo, as parisílabas o mesmo.

Declinación imparisílaba[editar | editar a fonte]

¨As palabras con tema en -p, -b, -c, -g, -t, -d forman o nominativo e o vocativo co morfema -s. (Exemplo: plebs, plebis; legs > lex, legis). As palabras con tema en -l, -r, -n ou -s non toman ningunha desinencia no nominativo e no vocativo.

Caso Singular Plural
M. e F. Neutro M e F. Neutro
Nominativo ou -s -es -a
Vocativo ou -s -es -a
Acusativo -em -es -a
Xenitivo -is -is -um -um
Dativo -i -i -ibus -ibus
Ablativo -e -e -ibus -ibus

Declinación parisílaba[editar | editar a fonte]

Caso Singular Plural
M. e F. Neutro M e F. Neutro
Nominativo -(i)s -e -es -ia
Vocativo -(i)s -e -es -ia
Acusativo -em -e -es -ia
Xenitivo -is -is -ium -ium
Dativo -i -i -ibus -ibus
Ablativo -e -i -ibus -ibus


Cuarta declinación[editar | editar a fonte]

Caso Singular Plural
M. e F. Neutro M e F. Neutro
Nominativo -us -u -us -ua
Vocativo -us -u -us -ua
Acusativo -um -u -us -ua
Xenitivo -us -us -uum -uum
Dativo -ui -ui -ibus -ibus
Ablativo -u -u -ibus -ibus

Quinta declinación[editar | editar a fonte]

Caso Singular Plural
Nominativo -es -es
Vocativo -es -es
Acusativo -em -es
Xenitivo -ei -erum
Dativo -ei -ebus
Ablativo -e -ebus

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • JOSE A. BELTRÁN, Introducción a la Morfología Latina, Departamento de Ciencias de la Antigüedad, Universidad de Zaragoza 1999
  • E. VALENTÍ FIOL, Gramática de la lengua latina, Ed. Bosch, Barcelona 1999.