Complemento circunstancial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase complemento circunstancial (CC) á función sintáctica desempeñada por un adverbio, sintagma preposicional ou sintagma nominal que sinale algunha circunstancia de tempo, lugar ou modo ao verbo do que é complemento, ás veces mesmo pode expresar cantidade, causa, posibilidade, afirmación, negación ou finalidade. Existen, pois varios tipos:

  • CC de rempo:
O home veu onte (Adv/CCT)
O home veu luns (SN/CCT)
  • CC de lugar:
O home veu á casa (CCL)
  • CC de modo:
O home veu amodo (Adv/CCM)
O home acudiu con rapidez (Sprep/CCM)
  • CC de cantidade:
O home comeu moito (Adv(CCC)
  • CC de posibilidade:
O home quizais comese (Adv/CCPos.)
  • CC de negación:
O home non comeu nunca (Adv/CCNeg.)
  • CC de afirmación:
O home si comeu (Adv/CCafirm.)
  • CC de finalidade:
O home veu para o exame (Sprep/CCFin.)