De la grammatologie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
De la grammatologie
Autor Jacques Derrida
País Francia
Lingua francés
Xénero(s) Filosofía
Data de pub. 1967


De la grammatologie é un ensaio en lingua francesa do filósofo Jacques Derrida, publicado en 1967 por Les Éditions de Minuit. É unha das obras máis importantes respecto á deconstrución. Foi traducido ao inglés pola filósofa Gayatri Spivak, sendo publicada en 1976.

Contexto e relevancia[editar | editar a fonte]

De la grammatologie inclúe unha extensa discusión sobre o pensamento e obra de Claude Lévi-Strauss, Ferdinand de Saussure e Jean-Jacques Rousseau, ao tempo que analiza a obra de Étienne Condillac, Louis Hjelmslev, Edmund Husserl, Roman Jakobson, Gottfried Wilhelm Leibniz, André Leroi-Gourhan e William Warburton. Xa nesta obra o autor inclúe boa parte dos conceptos que desenvolveu na súa obra posterior, especialmente en relación á lingüística e o fenómeno da escritura. Considérase o texto fundacional da crítica deconstrutivista[1].

Trátase dun dos tres libros que Derrida publicou en 1967 e que serviron para establecer a súa reputación como pensador. Os outros dous foron La voix et le phénomène (Presses Universitaires de France, París, 1967) e L'écriture et la différence (Seuil, París, 1967).

Contido[editar | editar a fonte]

Derrida defende a idea de que na tradición filosófica de Occidente a escritura sempre foi considerada unha forma derivada e secundaria da fala, como unha especie de "caída" desde a "presenza completa" da fala / lingua falada. Na obra Derrida deconstrúe esta idea tal e como é presentada por diferentes pensadores de diferentes épocas, mostrando as aporías e elipses a que leva este prexuízo. Derrida non pretende facer unha crítica especificamente da obra destes autores en concreto, xa que non cre que sexa posible escapar a estes parámetros de operación mental e de funcionar con estes esquemas e oposicións binarias. O seu propósito é crear unha nova ciencia da "gramatoloxía" que traballaría con estas cuestións dun modo completamente novo, seguindo o modelo da lingüística pero baseándose na escritura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rabinowitz, Nancy Sorkin (2008). Greek Tragedy. Malden, MA: Blackwell Pub. ISBN 9781405121606. Cf. p.5: "Jacques Derrida's Of Grammatology, a foundational text for deconstructive criticism, works closely with Plato".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bradley, A.: Derrida's Of Grammatology. Edimburgo: University of Edinburgh Press, 2008.
  • Culler, J.: On Deconstruction. Ithaca: Cornell University Press, 1982.
  • Kaucic, G.: Grammatotechne als Grammatologie der "Herzgewächse" oder von der Inkommunikabilität. Salzburg, 1986, p. 344.
  • Harris, R.: Interpreters of Saussure. Edimburgo: University of Edinburgh Press, 2001. 171-188.
  • de Man, P.: "The Rhetoric of Blindness: Jacques Derrida's Reading of Rousseau," en Blindness and Insight: Essays in the Rhetoric of Contemporary Criticism. Minneapolis: University of Minnesota Press, 1983, pp. 102-141.

Outros artigos[editar | editar a fonte]