Danny Barreto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDanny Barreto
Biografía
NacementoBrooklyn Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Cidade de Nova York Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: barretodm Twitter: barreto_dm Dialnet: 2571218 Editar o valor em Wikidata

Danny Barreto, nado en Brooklyn (Nova York) é un galicianista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pai portorriqueño e nai norueguesa[1], criouse no seo da comunidade portorriqueña de Nova York. Licenciouse en 2002 en linguas e literaturas hispánicas no Hunter College (CUNY)[2], onde coñeceu o profesor Xoán González Millán e contacto cos estudos galegos. Posteriormente doutorouse en Estudos da Muller na Universidade Stony Brook (SUNY) en 2010. Logo de doutorarse, comezou a dar clase como profesor visitante de Estudos Hispánicos na Universidade Vassar (Poughkeepsie, estado de Nova York). En 2013 foi contratado como profesor de estudos LGBTQ na Universidade Colgate (Hamilton, estado de Nova York)

A súa tese inédita A Home Divided: A Post-National Approach to Family, Gender and Region in Modern Galician Narrative aborda a literatura galega do século XIX[3][1].

Os seus temas de investigación céntranse nos estudos galegos e nos estudos LGBTI (e a súa intersección). Ten participado en distintos congresos e volumes colectivos sobre estudos galegos e estudos LGBTI na perspectiva peninsular. Foi o coordinador do IV Simposio Norteamericano de Estudos Galegos (Lubbock, Texas, 2023).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rivas, Manuel (2008-11-13). "O mozo de Brooklyn e o mitin de Castelao". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-02-04. 
  2. "Danny Barreto". www.colgate.edu (en inglés). Consultado o 2023-02-04. 
  3. "Sexto Grao 007 - Danny Barreto". Sexto Grao (podcast en iVoox). Consultado o 2023-02-04.