Xoán González Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán González Millán, nado no Grove en 1951 e falecido en Nova York o 23 de novembro de 2002, foi un estudoso e crítico literario galego, especialista en Álvaro Cunqueiro.

Índice

[editar] Traxectoria profesional

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente Antropoloxía na de Comillas. En 1987 doutorouse pola Universidade da Cidade de Nova York[1], cunha tese sobre Álvaro Cunqueiro, escritor sobre o que redactaría a maior parte da súa obra como crítico. Conseguiu praza de profesor de literaturas hispánicas e lusobrasileiras no Hunter College da Universidade de Nova York, e coordinou o Centro de estudos galegos desa entidade, o primeiro en abrirse nos Estados Unidos.

Colaborou en distintas revistas de cultura e crítica literaria, como Grial, A Trabe de Ouro ou A Nosa Terra. Entre 1993 e 2000 foi ademais director do Anuario de Estudos Galegos.

Tamén foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).

[editar] Obra en galego

[editar] Ensaio

  • Álvaro Cunqueiro e «Merlín e familia» (1991), Galaxia.
  • Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Galaxia.
  • Silencio, parodia e subversión: cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Xerais.
  • Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990) (1994), Xerais.
  • Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), Fundación Alfredo Brañas.
  • A narrativa galega actual (1975-1984) (1996), Xerais.
  • Resistencia cultural e diferencia histórica (2000), Sotelo Blanco.
  • O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez, (2001), Xerais.

[editar] Obras colectivas

[editar] Obra en castelán

[editar] Ensaio

[editar] Obra en francés

[editar] Obras colectivas

[editar] Galardóns

A título póstumo foi nomeado fillo predilecto do Grove[2].

[editar] Vida persoal

Faleceu como consecuencia dun accidente de tráfico sufrido o 22 de novembro, en Lexington, no parque natural de Catskill, onde tamén morreu a súa muller, Esperanza Canedo.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas