Daniel Lago
Daniel Lago Barreiro, nado en Rábade en 1990, é un actor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo do político socialista Luis Ángel Lago Lage[1], Daniel Lago comezou a súa andaina como actor, sendo cativo, cando no 2001 foi escollido para o papel de Brais na serie de televisión Terra de Miranda da TVG[2]. Ten aparecido en varias series feitas en Galiza en episodios esporádicos incluindo a exitosa serie galega Pratos combinados.
Na serie Matalobos interpreta a Iván Matalobos, o fillo do protagonista, se ben o seu personaxe falece no capítulo 28, a mediados da segunta tempada.
Malia todo, Lago, dende cativo, plantéase ser veterinario, carreira que está a estudar en Lugo[3]. Asemade compaxina a súa carreira e os seus estudos coa práctica do rugby, pertencendo ao primeiro equipo do Muralla R.C. da cidade de Lugo.
Notas [editar]
- ↑ "Teatro a baixas temperaturas", publicación de Beni Mántaras no blog Dende o norte, 3 de novembro de 2008 (consultado o 13 de marzo de 2010)
- ↑ "O Brais de Terras de Miranda", artigo de María Caravel en La Voz de Galicia, 25 de novembro de 2002 (consultado o 13 de marzo de 2010)
- ↑ "Para viajar: hilo, chicles y el bote de las lentillas", entrevista de Alba Villar en El Progreso, 6 de agosto de 2009 (consultado o 13 de marzo de 2010)
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Daniel Lago na IMDb (en inglés).
- Daniel Lago en AVG