Dónut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dónuts recubertos dunha camada de dextrosa.
Un dónut de chocolate.

Un dónut[1] é unha clase de rosquilla[2] ou biscoitiño doce en forma de rosca cuberto de azucre derretido, chocolate ou outros sabores. É típico dos Estados Unidos, aínda que se ten popularizado por todo o mundo, incluíndo Galiza. A súa orixe é a rosquilla europea.

Dough, doughnut e a simplificada donut son verbas inglesas que definen unha pasta azucrada de forma arredondada e, xeralmente, cun buraco no medio e medio (rosca). De feito dough significa masa ou pasta e nut refírese ao buraco central. Suponse que os colonos neerlandeses do século XVII foron os responsábeis da súa introdución nos Estados Unidos.[3]

Unha das teorías da orixe do furado asegura que foi introducido no 1847 polo mariñeiro Hansen Gregory que, farto de que os dónuts do barco tivesen o centro cru, colleu un saleiro de lata e cravouno no centro da masa coma se fose un molde.[3]

Á pasta dáselle forma de toro ou rosca e despois é frixida. Ás veces o dónut ten forma de bóla, sen buraco. En España, as marcas Dónut™, Donuts™ e Doughnuts™ pertencen a Panrico.[4]

Un dónut de chocolate é un dónut cuberto e/ou recheo de chocolate. Pódese considerar que hai diversos tipos segundo como leven o chocolate, o tipo de dónut e a cantidade de chocolate.

O nome doughnut (literalmente "noz de pasta"), en inglés, foi utilizada por vez primeira nunha historieta, que dicía "fire-cakes and dough-nuts".[5]

A popularidade dos dónuts no mercado estatal chegou en 1962, cando o empresario catalán Andreu Costafreda creou a Donut Corporation para a fabricación e comercialización do produto.[3] A verba dónut, non recollida nos dicionarios de galego, vén a partir da marca comercial, galeguizando a grafía a partir da palabra inglesa doughnut.

Existen nos mundo varias franquías de dónuts, coma Dunkin' Donuts e Donut King, entre outras.

Os dónuts son moi populares na serie de animación americana Os Simpson, onde Homer Simpson é todo un afeccionado. Isto leva a moitas bromas e referencias á súa predilección esaxerada. O Récord Guinness do maior dónut da historia bateuse en Sydney, no ano 2007, co gallo da estrea de The Simpsons Movie.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O termo dónut, malia ser xa moi popular en galego,[Cómpre referencia] non se recolle en dicionario galego ningún, xa que se clasifica coma un tipo de rosquilla; do inglés donut é por coherencia coas outras linguas latinas coma o castelán: dónut, portugués donut e catalán dònut, galeguizamos o nome coma dónut.
  2. Definición no Portal das Palabras - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=rosquilla&sinom=0&homonimo=
  3. 3,0 3,1 3,2 El triomf de la imaginació, 60 invents que han canviat el món (o gairebé). Barcelona. 2010. pp. 62-63. ISBN 978-84-7246088-1. http://www.albertieditor.cat/ficha.php?id_producto=5878.
  4. "Panrico és l'única propietària legítima de les marques Dònut, Donuts i Doughnuts". 3cat24.cat. http://www.3cat24.cat/noticia/298527/economia/Panrico-es-lunica-propietaria-legitima-de-les-marques-Donut-Donuts-i-Doughnuts.
  5. Originals, Selections, &C. for the Times. Sketches and Views-No. V; The Times, páx. 29, vol. I, ex. 8; 30 de xaneiro, 1808; Boston, Massachusetts.
  6. World's largest D'oh Nut | News.com.au

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dónut Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]