Día Internacional do Libro Infantil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Día Internacional do Libro Infantil
Celebración do Día Internacional por nenos falantes de lingua alemá
Datos da festa
ConmemoraciónNacemento de Hans Christian Andersen
Comezo1967
Data2 de abril
PaísInternacional
OrganizadorInternational Board on Books for Young People

O Día Internacional do Libro Infantil ou Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil[1][2][3][4] (International Children's Book Day ICBD) é un evento anual patrocinado pola International Board on Books for Young People (IBBY), unha organización internacional sen ánimo de lucro. Fundado en 1967, o día celébrase no día do aniversario de Hans Christian Andersen, o 2 de abril. As actividades inclúen concursos de redacción, anuncios de premios de libros e actos con autores de literatura infantil.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1966, a escritora alemá, fundadora do IBBY, Jella Lepman, propuxo o 2 de abril para a celebración anual dun día internacional que conmemorase a literatura infantil e xuvenil, coincidindo coa da de nacemento do escritor danés de literatura para nenos, Hans Christian Andersen.[5] A primeira celebración foi no 2 de abril de 1967 e Lepman pronunciou o discurso inaugural.[6]

Cada ano, unha sección nacional diferente do IBBY ten a oportunidade de ser o patrocinador internacional do ICBD. Decide sobre un tema e convida a un autor destacado do país anfitrión a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un ilustrador coñecido para que deseñe un póster ou cartel. Estes materiais utilízanse de diferentes xeitos para promover os libros e a lectura. Moitas seccións do IBBY promoven o ICBD a través dos medios de comunicación e organizan actividades en escolas e bibliotecas públicas.

Actividades[editar | editar a fonte]

Tere Marichal, narradora oral de Porto Rico, recitando o conto da tradición afro-caribeña Anansi, na Biblioteca Juvenil de Mayagüez durante unha actividade do International Children's Book Day.

Moitas veces, o ICBD está ligado a celebracións arredor dos libros infantís e outros eventos especiais que poden incluír encontros con autores e ilustradores, concursos de redacción ou anuncios de premios de libros.

Notas

  1. En inglés o nome oficial é International Children's Books Day, pero en linguas románicas é habitual acrecentar "infantil e xuvenil", tal como é anunciado por exemplo na páxina do Consello da Cultura Galega.
  2. "Día Internacional do libro infantil e xuvenil". consellodacultura.gal. Consultado o 2024-03-18. 
  3. "Dia Internacional do Livro Infantil e Juvenil" (en portugués). Consultado o 2024-03-18. 
  4. "2 de Abril: Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil - Imaginaria No. 99 - 2 de abril de 2003". imaginaria.com.ar. Consultado o 2024-03-18. 
  5. Babar (2015-04-01). "Día Internacional del Libro Infantil: 1967-2015". Babar, revista de literatura infantil y juvenil (en castelán). Consultado o 2024-03-18. 
  6. "ALO docView - International Children\'s Book Day (1967-2002) (2002)". www.literature.at. Consultado o 2024-03-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]