Cypripedium acaule

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cypripedium acaule

Cypripedium acaule é un membro do xénero de orquídeas Cypripedium, aparece descrita pola primeira vez na Phytographia de Leonard Plukenet en 1700 [1]. É a flor provincial da Illa do Príncipe Eduardo e de Nova Escocia no Canadá. De difícil cultivo comercial considérase en risco pola súa recollida ilegal para a venda[2].

[editar] Descrición

Esta orquídea distínguese polas súas dúas follas basais, sen pecíolo e pola súa gran flor rosa, e máis raramente abrancazada, de 8 a 10 cm de diámetro composta de tres sépalos e tres pétalos, e na súa metade, o labelo que se infla con forma de mocasín cunha fenda vertical sobre toda a súa lonxitude. Os estreitos pétalos laterais e os sépalos son de cor verde acastañado. A floración é de de maio a agosto[3], o froito é unha cápsula compacta duns 4.5 cm de lonxitude, con forma de eixo.

Cypripedium acaule alba, neste caso os pétalos son verde claro

[editar] Distribución

C. acaule atópase no terzo leste de América do Norte, desde Alabama e Tennessee nos Estados Unidos ata Nova Escocia e Terra Nova no Canadá[4] en especial no medio de bosques de pinos[5]

[editar] Notas

  1. Joseph Decaisne et al. Flore des serres et des jardins de l'Europe, ou Descriptions et figures des plantes les plus rares et les plus méritantes. Van Houtte, 1855, páxina 210
  2. Eric Hágsater et al. Orchids: status survey and conservation action plan. IUCN/SSC Orchid Specialist Group, 1996, pp. 51-52
  3. Wolfram George Schmid An Encyclopedia of Shade Perennials. Timber Press, 2002, páxina 150
  4. Wolfram George Schmid, op. cit., páxina 150
  5. W. H. A. Preece North American Rock Plants. Macmillan, 1917, páxina 34
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas