Cultura urbana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Graffiti en Nova York, exemplo de cultura urbana.

Cultura urbana, ás veces tamén denominada en plural como culturas urbanas, fai referencia ao conxunto de prácticas culturais, artísticas e deportivas levadas a cabo nun espazo urbano, é dicir, nas cidades e vilas. É común a catalogación da chamada cultura urbana como unha subcultura ou, en ocasións, unha rama da contracultura.

Índice

[editar] Tribo urbana

Dentro das culturas urbanas encádranse as tribos urbanas, é dicir, un grupo de persoas que se comporta de acordo ás ideoloxías dunha subcultura, que se orixina e se desenvolve no ambiente dunha cidade. Caracterízanse pola homoxeneidade lingüística e cultural, a conciencia colectiva e o sentimento de pertenza común, así como polo lugar de residencia en común ou a emigración. Para a tribo son esenciais os símbolos comúns e as tradicións estábeis.

Para unha parte dos analistas, o fenómeno das tribos urbanas vén dado pola procura identataria dos pmozos. Así, a identidade de cada unha destas tribos variará segundo a súa ideoloxía e segundo a persoa mesma; por exemplo, mentres que os skinheads son de tendencias violentas, os hippys non rivalizan contra ningún grupo, pois son pacifistas e non hai grupo algún que lles sexa integramente oposto.

[editar] Disciplinas

As disciplinas da cultura urbana van dende a danza, á música, o graffiti ou a fotografía. Estas son algunhas:

[editar] Artes urbanas

[editar] Deportes urbanos

[editar] Festival Cultura urbana

Cultura Urbana é tamén o nome dun festival de Hip Hop celebrado anualmente en Madrid dende o ano 2005, onde se reúnen MCs, DJs, breakers e graffiteiros de todo o Estado e do estranxeiro.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazón externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas