Esfera circunscrita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cubo dentro dunha esfera.

En xeometría, a esfera circunscrita dun poliedro é unha esfera que contén o poliedro e toca cada un dos vértices do mesmo. Cando existe, a esfera circunscrita non é necesariamente a menor das esferas que conteñen o poliedro; por exemplo, o tetraedro formado polo vértice dun cubo e os seus tres consecutivos ten a mesma esfera circunscrita que o propio cubo, pero pode estar contido no interior dunha esfera máis pequena con tres vértices consecutivos no seu ecuador. Todos os poliedros regulares teñen esferas circunscritas, ao contrario que os irregulares que non a teñen, dado que polo xeral non todos os vértices caen no interior dunha esfera común.

O raio da esfera circunscrita ao redor dun poliedro P chámase raio circunscrito de P.

A esfera circunscrita é a análoga tridimensional do círculo circunscrito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]