Cruceiro de batalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O HMS Hood, o cruceiro de batalla máis grande contruído.

Os cruceiros de batalla foron os maiores buques de guerra construídos durante a primeira metade do século XX. Eran semellantes en tamaño e custe aos acoirazados, e normalmente levaban o mesmo tipo de canóns pesados, pero os cruceiros de batalla normalmente cargaban menos armamento e eran máis rápidos.

Os primeiros cruceiros de batalla desenvolvéronse no Reino Unido na primeira década do século, como unha evolución do cruceiro acoirazado, ao mesmo tempo que o dreadnought sucedeu ao pre-dreadnought. O obxectivo inicial do cruceiro de batalla era o de dar caza aos máis vellos e lentos cruceiros acoirazados e destruílos co seu armamento pesado. Porén, a medida que máis e máis cruceiros de batalla foron construídos, incrementouse o seu uso xunto co dos máis protexidos acoirazados.

Os cruceiros de batalla serviron nas mariñas do Reino Unido, Alemaña, Australia e Xapón durante a Primeira Guerra Mundial, destacando na batalla das illas Malvinas e en varios ataques e escaramuzas no mar do Norte que culminaron na batalla de Xutlandia. Os cruceiros de batalla británicos particularmente sufriron fortes perdas en Xutlandia, onde a súa lixeira blindaxe fixéronos vulnerables aos proxectís dos acoirazados.

Cara o final da guerra, o deseño dos buques capitais desenvolvérase facendo aos acoirazados máis rápidos e aos cruceiros de batalla máis fortemente blindados, desdebuxando a distinción entre un cruceiro de batalla e acoirazado rápido. O Tratado naval de Washington, que limitou a construción de buques capitais a partir de 1922, tratou do mesmo xeito aos dous tipos de barcos, e a nova xeración de cruceiros de batalla prevista foi descartada baixo os termos do tratado.

Dende a década de 1930 só a Royal Navy continuou usando o termo "cruceiro de batalla" coo unha clasificación para os seus buqeues de guerra para os buques capitais da época da Segunda Guerra Mundial que permaneceron na frota (aínda que os cruceiros de batalla xaponeses continuaron en servizo, foron significativamente modificados e redefinidos como acoirazados). Porén, os rápidos e lixeiros buques capitais desenvolvidos por Alemaña e Francia das clases Scharnhorst e Dunkerque, respectivamente, son ás veces referidos como cruceiros de batalla.

A Segunda Guerra Mundial víu aos cruceiros de batalla en acción novamente, principalmente na forma de modernizados barcos da Primeira Guerra Mundial e dos rápidos acoirazados construídos nos anos 30. Tamén houbo un renovado interese en grandes "cazadores de gruceiros", pero comezaron a construírse moi poucos, xa que a construción de buques capitais reducíuse en favor dos máis necesitados escoltas de convois, portaavións e cargueiros. Tras a época da Segunda Guerra Mundial, a clase Kirov soviética de grandes cruceiros de mísiles guiados tamén foi categorizada co termo "cruceiro de batalla".