Covadonga
| Covadonga | |
|---|---|
| Vista da basílica. | |
| Concello: | Cangas de Onís |
| Área: | 2,54 km² |
| Poboación: | 58 hab. |
| Densidade: | 22,83 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 1 |
Covadonga (en asturiano: Cuadonga) é unha parroquia de Cangas de Onís no Principado de Asturias e forma parte do Parque Nacional dos Picos de Europa.
Posúe o conxunto monumental máis visitado de Asturias. É un santuario dedicado á Virxe de Covadonga (A Santina), conmemorativo da Batalla de Covadonga. Destacan a Santa Cova, a Basílica de Santa María a Real e o mosteiro de San Pedro, entre outros edificios.
O seu nome veñe de «Cova de onnica» e significa o río da cova. O sufixo -onnica deriva do cético onna "río" e conforma na zona numerosos topónimos como Isongo "río Is", Triongo "tres ríos", Candongo "río branco", etc.
A versión que face vir o nome do latín «Cova Dominica», o «Cueva da Señora» (por estar o lugar dedicado ao culto da Virxe de Covadonga) e imposible, e tería dado *Covadominga.