Cova de Santimamiñe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada da cova

Santimamiñe é unha caverna de Kortezubi, en Biscaia, na que se atoparan restos e máis pinturas rupestres, datadas no período magdaleniano, entre 14.000 e 9.000 anos a.C., comprendido no Paleolítico Superior. Desde xullo de 2008 é un dos santuarios prehistóricos incluídos na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, como «Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do Norte de España» (en inglés, Cave of Altamira and Paleolithic Cave Art of Northern Spain).

Situación[editar | editar a fonte]

A cova está situada no barrio de Basondo, nun canto da montaña Ereñozar (448 m), a uns 150 m.s.n.m., perto da ermida de san Mamede (en vasco: Santimamiñe), na conca do Oka e do pantano de Urdaibai.

Partes da caverna[editar | editar a fonte]

A cova poe dividirse a efectos de estudo, consonte o método de André Leroi-Gourhan, en catro partes: entrada, antecámara, cámara e parte profunda.

Natureza das figuras[editar | editar a fonte]

Predominan os cabalos e bisontes, aínda que hai tamén unha figura dun oso e unha cabra. Existen tamén representacións xeométricas, pouco claras. Bastantes figuras son borrosas e/ou están deterioradas.

A maioría das figuras aparecen na antecámara e na cámara.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]