Cornicha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cornicha
Vista da cuncha
Vista da cuncha
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Familia: Mactridae
Xénero: 'Spisula'
Especie: ''S. solida''
Nome binomial
''Spisula solida''
(Linnaeus, 1758)

A cornicha ou ameixa branca (Spisula solida, Linnaeus 1758; antes Mactra solida) é un molusco bivalvo mariño pertencente á familia dos Máctridos (Mactridae), da orde Veneroida.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Cornicha

Ten a cuncha sólida, forte, de ata 4,5-5 cm de lonxitude, equivalva, de perfil máis ou menos triangular e umbo contral. A cor é branca sucia, co periostraco [1] marrón, con tres curvas de crecemento concéntricas ben patentes, dunha cor máis escura, e múltiples liñas tamén concéntricas moi finas. A superficie interna é branca ou amarelada, na que se marca a pegada dos músculos aductores e un saco paleal fondo.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Vive na franxa infralitoral, ata 100 m de profundidade, enterrado no fondo de area e grava. Distribúese na costa europea do Atlántico, desde Noruega ata Marrocos e as illas de Madeira.

Aproveitamento pesqueiro e comercial[editar | editar a fonte]

Péscase con rastros desde a embarcación, normalmente como acompañante doutras ameixas que son o obxectivo dos mariscadores (ameixa babosa ou ameixa rubia). Comercialízase en fresco ou conxelada, para preparados de paella. Cocíñase como calquera outra ameixa pero é de carne máis dura que estas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O periostraco é unha capa orgánica externa da cuncha dos moluscos, a base de coquiolina, que adoita secarse e desprenderse cando morre o animal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cornicha

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.