Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Core é o primeiro disco da banda estadounidense de rock alternativo Stone Temple Pilots, editado o 29 de setembro de 1992 a través do selo Atlantic Records. O lanzamento deste disco, co seu conseguinte éxito, permitíulles ser teloneiros de grupos como Rage Against the Machine ou Megadeth. O álbum acadou o posto número 1 da lista Billboard Heatseekers e o 3 da Billboard 200[1], e foi certificado 8 veces platino pola RIAA en decembro do 2001, sendo o disco máis vendido de Stone Temple Pilots.
[editar] Listaxe de cancións
- "Dead & Bloated" - 5´10"
- "Sex Type Thing" - 3´38"
- "Wicked Garden" - 4´05"
- "No Memory" - 1´22"
- "Sin" - 6´07"
- "Naked sunsay" - 3´51"
- "Creep" - 5´35"
- "Piece of Pie" - 5´24"
- "Plush" - 5´14"
- "Wet my Bed" - 1´38"
- "Crackerman" - 3´16"
- "Where the River Goes" - 8´27"