Robert DeLeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert DeLeo
Robert DeLeo.jpg
Nome completo Robert Emile DeLeo
Naceu 2 de febreiro de 1966 (48 anos)
Orixe Montclair, Nova Jersey Flag of the United States.svg
Instrumento(s) baixo
Relacionado con Stone Temple Pilots, Talk Show, Army of Anyone


Robert Emile DeLeo, nado en Montclair (Nova Jersey) o 2 de febreiro de 1966, é un baixista estadounidense que toca en Stone Temple Pilots. Anteriormente formou parte das bandas Talk Show e Army of Anyone. É o irmán menor de Dean DeLeo, que toca a guitarra tamén en Stone Temple Pilots.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stone Temple Pilots[editar | editar a fonte]

Robert coñeceu a Scott Weiland, que sería posteriormente o vocalista de Stone Temple Pilots, nun concerto de Black Flag en Long Beach. Pouco despois decatáronse de que estaban saíndo coa mesma rapaza, e cando ela mudouse a Texas, Robert e Scott foron a vivir ao seu apartamento en San Diego, onde eles intentaron formar unha banda. Contactaron co batería Eric Kretz e Robert convencceu ao seu irmán Dean para que tocase a guitarra na nova banda. Esta foi bautizada como Mighty Joe Young, nome tirado dunha película titulada así.

Mighty Joe Young realizou varios concertos en bares da zona de Los Angeles, e asinou un contrato coa Atlantic Records no ano 1992. Pero o nome "Mighty Joe Young" xa pertencía a outro artista, polo que a banda tivo que cambialo a "Stone Temple Pilots".

Durante eses anos, Stone Temple Pilots convertiuse nunha das bandas máis exitosas dos anos 90, coa creación por parte de Robert de moita da súa música, incluindo as famosas intros dos temas "Plush" e "Interstate Love Song". A pesares de que as súas vendas superaron os 25 milóns de discos, a banda desfíxose debido aos continuos problemas de Scott Weiland coas drogas.

Stone Temple Pilots reuníuse a principios do 2008 e actualmente atópase nunha xira de 65 concertos por Norteamérica. Unha vez remate a xira a banda gravará o seu sexto traballo de estudio.

Talk Show e Army of Anyone[editar | editar a fonte]

Mentres Stone Temple Pilots estaba parada en 1997 debido ás loitas de Scott coa lei, Robert, o seu irmán Dean e Kretz uníronse ao vocalista Dave Coutts de Ten Inch Men e formaron Talk Show. Scott estivo rehabilitándose e editou un disco en solitario duramte ese tempo.

Talk Show editaría o seu único traballo, Tak Show, en 1997 através da Atlantic Records. A pesares do enorme éxito entre os críticos musicais o álbum foi un grande fracaso comercial. Dave Coutts foi finalmente despedido e a banda desfíxose. Stone Temple Pilots reformaríase novamente en 1998 e separaríase definitivamente no ano 2003.

Despois da ruptura, Robert e Dean uníronse ao líder de Filter Richard Patrick e ao batería Ray Luzier para formar a banda Army of Anyone. O grupo surxiu despois de que Patrick contactase con irmáns DeLeo para escribir material para o cuarto álbum de Filter. Finalmente chamaron a Luzier para unha audición e formaron a banda. Army of Anyone foi editado o 14 de novembro do 2006 recibindo boas críticas.