Saltar ao contido

Conversa usuario:XGarciaCrego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, XGarciaCrego!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Por favor, Xosé Manuel: bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses; non está ben editar o artigo sobre un mesmo. Ademais, a Wikipedia non é fonte primaria, polo que as afirmacións nela contidas deben estar referenciadas noutras publicacións. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 9 de novembro de 2020 ás 23:39 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses no artigo Xosé Manuel García Crego[editar a fonte]

Ola XGarciaCrego. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses con respecto ás túas edicións no artigo Xosé Manuel García Crego.

Grazas, un saúdo. --RubenWGA (conversa) 12 de decembro de 2021 ás 19:34 (UTC)[responder]

Nun caso como este, baixa nunha entidade, non coñezo outro xeito de informar que a través do interesado, que son eu. Tamén se pode solicitar información á entidade implicada... XGarciaCrego (conversa) 15 de decembro de 2021 ás 22:41 (UTC)[responder]