Conversa usuario:Vicente Rojo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Vicente Rojo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. AlberteSi, digame? 17:39, 2 marzo 2008 (UTC)

Imaxes de Spíderman[editar a fonte]

As imaxes que subiches teñen copyright. Debido a que a lexislación americana é diferente da española, estas imaxes poden estar presentes na Wikipedia inglesa pero non na Galipedia (son "fair use" e a lexislación española non acepta o "fair use").

Polo dito, borrei as imaxes. Trátase de:

Galicia - Galiza[editar a fonte]

Ola Vicente. Os trocos de Galiza por Galicia son incorrectos, xa que os dous termos son correctos, e polo tanto non mudamos un por outro, senón que deixamos o que puxo o primeiro editor. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:39, 19 outubro 2008 (UTC)

Aínda así, Galiza segue sendo parte do Estado Español, polo tanto como nas demáis Wikipedias deberíase poder poñer (ollo, non que sexa obrigatorio) que está en España por moi redundante que poida ser. Un sáudo. Se se ten outra política respecto a isto, avísame.

Si, Galicia/Galiza pertence a España, e tamén á Unión Europea, e tamén ó mundo. Considero que na wikipedia galega, dicir que é galego é abondo suficiente. Que Galicia pertence a España dase por suposto, e se alguén non o sabe pode clicar no link Galicia para enterarse. Que en cada parte onde apareza unha bandeira galega, catalá ou de onde sexa haxa que pór á súa beira a española, paréceme pouco práctico. De tal xeito, entón, habería que facer coas frases do tipo: tal sitio atópase na provincia tal, en Galicia ás que habería que engadir España (e ensarillándose máis Unión Europea, ¿por que non?). A tal efecto, aínda que non é unha política oficial, temos por costume desfacer as edicións que consisten só en retirar ou engadir bandeiras, mudar un xentilicio e cousas así. É pouco produtivo meterse nese tipo de edicións. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:58, 19 outubro 2008 (UTC)

Entón na wikipedia Española non é contraproducente dicir a comunidade autónoma de cada artista ¿non?, pois con poñer o país iba dabondo. Aínda así, non é a mesma relación de Galicia/España que a de España/Unión Europea, pois a UE non deixa de ser unha asociación de membros voluntarios, non un estado independente. Dame o mesmo, pero as veces nas wikis hai moitas contradiccións. (e tódolos cambios que supoñan unha mellora na información sempre son útiles) Un saúdo.