Conversa usuario:Miguels
Benvido(a) á Galipedia, Miguels!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:48, 22 de marzo de 2011 (UTC)
- Non sei a que te refires, Miguels. --Atobar (conversa comigo) 13:41, 23 de marzo de 2011 (UTC)
- Non lera ben o que me dicías, tes que perdoar. Con respecto ao que me preguntas, ao meu entender o proxecto de Galizaplus é unha desfeita executada por un grupo ínfimo pero moi activo de galegos (na sociedade galega non chegan a representar o 0.3/0.5%) que non acepta a historia lingüística como é e non atende a razóns, polo que é inútil tratar de discutirlles nada. Xogan a súa partida e xógana eles sós. Aquí até non hai moito tivemos que lidar con eles seguido, por fortuna xa non tanto; afortunadamente, como a cousa vai de dar referencias e somos moi rigorosos á hora de cortar as follas de ruta e os intereses particulares, rara é a vez que dan metido algo, pero algunha vez algo si, claro, malia que antes ou despois o artigo, forzosamente, ten de ser corrixido. En fin, que lles desexo aos editores de pt.wiki moita paciencia e moita seriedade para atallar o grupo de galegos que que vogan á contra de si mesmos (consideran que en Galiza se fala portugués, e xa che digo que non van baixar da burra por moita argumentación na contra que se lles dea). Xusto é dicir que o fan con tan boa intención como pouca cabeciña. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:19, 23 de marzo de 2011 (UTC)