Conversa usuario:Lameiro/arquivo 14

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

*Caparazón[editar a fonte]

Ola Pedro. Cordiais saúdos despois de tanto tempo sen falarmos. Acabo de corrixir o texto do artigo, xa que estou de acordo con todas as opinións que alí se expuxeron (e especialmente da túa, moi agarimosa comigo). Suxerín unha posíbel solución ao caso na páxina de conversa. Mira a ver como quedou (o artigo), e se estás de acordo co que propoño na conversa. Se non, dimo e refago o artigo como Casca (zooloxía) e pido eliminar o actual. Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 2 de febreiro de 2020 ás 20:15 (UTC)[responder]

Debate na taberna[editar a fonte]

Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:31 (UTC)[responder]

Placa de latitude na USC[editar a fonte]

Ola, Lameiro. Estimo que esta placa -

- non debera estar na categoría na que a metiches, "Imaxes de placas altimétricas na provincia da Coruña", por razóns obvias: non é unha placa altimétrica.--Agremon(contacto) 12 de agosto de 2020 ás 16:21 (UTC)[responder]

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro[editar a fonte]

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Ciclopes[editar a fonte]

Boas Lameiro, tes razón no cambio que fixen. Seguro que é iso o motivo de manter a forma en castelán. Vouno desfacer. Grazas e saúdos.--Breogan2008 (conversa) 9 de decembro de 2020 ás 19:48 (UTC)[responder]

Ceo (mitoloxía)[editar a fonte]

Boas Lameiro, o artigo xa existe na galipedia e foi creado por Xoio como Ceos - Κοῖος. Saúdos. --Dodro (conversa) 10 de decembro de 2020 ás 00:49 (UTC)[responder]

Poderías mellorar o artigo coa información que achegas, ademais penso que habería que reconsiderar o título Ceos - Κοῖος, que non me parece o máis idóneo. Un saúdo, Pedro. --Dodro (conversa) 10 de decembro de 2020 ás 13:51 (UTC)[responder]

Xigantes[editar a fonte]

Ola Pedro, paréceme ben o que propós. Nun principio tiña pensado traducir todo o contido da versión en inglés, mais finalmente non o fixen. Por iso é que quedou a bibliografía completo. Xa que logo o máis lóxico é facer o que dis e manter só a bibliografía citada no artigo. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 19:50 (UTC)[responder]

Ola de novo, o que si deberiamos manter é a bibliografía citada nas notas. Se che parece ben recupéroa da lista.--Breogan2008 (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 20:03 (UTC)[responder]