Ceo (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ceos - Κοῖος»)
Ceo
PaiUrano
NaiXea
CónxuxeFebe
FillosAstéria, Latona, Lelantos, Aphirape e Leto
editar datos en Wikidata ]

Na mitoloxía grega, Ceos (en grego antigo Κοῖος Koĩos), 'o que sabe', 'o que pensa') era o Titán da intelixencia. Os Titáns eran os fillos xigantes de Urano (o Ceo) e Gaia (ou Xea, a Terra).

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Eón (o Urano grego) ao lado da deusa Tellus (a Gaia grega), con catro fillos, pais de Ceos. Mosaico dunha vila romana de Sentinum, século III. Gliptoteca de Múnic.

Ceos casou coa súa irmá Febe, titánide do brillo e a Lúa, da que tivo dúas fillas: Leto (a deusa do anoitecer) e Asteria (a deusa das estrelas).

De Zeus (fillo de Crono e Rea), Leto xerou a Artemisa e a Apolo.

Ceos representaba a adiviñación polas estrelas, así como o eixe norte do ceo arredor do cal xiraban as estrelas, polo que recibiu o nome de Polos (en grego antigo Πόλος Pólos), "a bóveda celeste".[1]

Como a súa muller (e irmá) e os seus fillos, forma parte dos Titáns siderais, e moitos mitólogos contemporáneos supoñen que baixo o reino de Cronos, presidía a boa marcha do Zodíaco.[2]

Canda a súa muller, que representaba o centro da Terra (entendida como un disco plano), despuntou como un dos primeiros deuses proféticos, sendo Ceo o voceiro da sabedoría do seu pai Urano, e Febe a da súa nai Xea.

Neste sentido as súas dúas fillas representaban as dúas ramas da clarividencia: Leto e o seu fillo Apolo presiden o poder profético da luz e o ceo, mentres que Asteria e a súa filla Hécate fano do da noite, a escuridade e os espíritos dos mortos.

Así mesmo Apolo dividía o seu tempo entre o oráculo de Delfos, no centro da Terra, que presidía a súa avoa e, durante o inverno, nas rexións hiperbóreas, próximas ao polo que representaba o seu avó Ceo. Ambos lugares estaban custodiados por s, Pitón en Delfos e a constelación de Draco no norte axial, podendo estes representar á parella de Titáns. Segundo esta versión, Ceo sería o dragón que Atenea lanzou ao firmamento durante a Titanomaquia.

Na Titanomaquia, despois de dez anos de combate, Ceos, cos demais Titáns, foi derrotado por Zeus e os demais deuses olímpicos, axudados polos Ciclopes e os Hecatónquiros, que o encerraron no Tártaro.

Os autores posthesiódicos e latinos sitúan a Ceos entre os Xigantes xurdidos, para Virxilio, da Terra, ben dela soa ou dela e do Tártaro, pero Hixino prefire máis ben a Polos como Titán, fillo de Urano e de Gaia e como esposo da titánide Febe.

Fragmento da Teogonía de Hesíodo[editar | editar a fonte]

Febe entrou no leito amoroso de Ceos
E fecundou a Deusa o Deus con amor
Naceu Leto de negro veu
Sempre boa aos humanos e aos Deuses inmortais
doce desde o inicio
a máis suave do Olimpo
Naceu tamén Asteria
Que Perses levou ao seu palacio
e a desposou, e desta unión
naceu a poderosa Hekate
Que Zeus agraciou con espléndidos Dons...

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Deste nome deriva a denominación do Polo norte e, por extensión, do Polo sur; é dicir, este epíteto de Ceos é a orixe do nome polos (xeográficos e astronómicos).
  2. Jean-Pierre Vidal-Naquet, Les Mythes de Souveraineté; Reynald Sorel, Les Cosmogoniques grecques.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]