Conversa usuario:Jbrey360
Benvido(a) á Galipedia, Jbrey360!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Elisardojm (conversa) 01:06, 15 de outubro de 2012 (UTC)
Traducións[editar a fonte]
Boas!, mira, acabo de ver o artigo Blessthefall e como é unha tradución e nos resumos de edición non indicaches nada ó respecto, para manter a licenza dos artigos das wikipedias, que requiren a atribución dos autores, tes que poñer o Modelo:Traducido de na páxina de conversa cos datos da tradución. Para outras veces podes, simplemente, ir indicando de ónde traduces os contidos na caixa de resumo como se explica aqui. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:06, 15 de outubro de 2012 (UTC)
- Boas, vin agora o artigo Maimónides que, polo que parece, ten o mesmo problema de que é unha tradución doutra wiki e non indicaches nada nos resumos de edición. Como iso xa non se pode amañar o que deberías facer é poñer na páxina da conversa dese artigo o modelo Modelo:Traducido de, como che comentei co artigo Blessthefall enchendo a información que precisa, tes un exemplo disto na conversa do artigo Criminal Minds.
- A maiores o problema que ten o artigo é que hai bastantes erros na tradución (¿usaches un tradutor automático?, os tradutores automáticos son útiles pero fan traducións de moi baixa calidade e hai que revisar completamente o texto que xeneran) polo que o texto debe ser revisado e corrixido.
- Moito ánimo co traballo que pouco a pouco xa verás como se consegue un artigo moi xeitoso, só queda darlle un repasiño. Coméntoche isto porque hai que entender que isto é unha enciclopedia e os artigos teñen que ter unha calidade o máis alta posible, aínda que sexan poucos. Se tes calquera dúbida ou precisas axuda con algo podes deixarme un comentario na miña páxina de conversa e axudareiche en todo o que poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2013 ás 09:58 (UTC)
- Moi ben! :), vin que engadiches o modelo nas páxinas de conversa, tan só comentar algúns detalles: a data da tradución é a data da versión que estás a traducir do artigo na outra wiki, e logo hai que copiar o número de versión e poñelo como último parámetro, aínda que estes dous últimos parámetros son opcionais.
- Un conselliño, antes de seguir ampliando artigos ou de facer un artigo novo sería moi bó para a Galipedia que revisaras a tradución dos artigos que fixeches para que non conteñan erros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2013 ás 23:50 (UTC)