Conversa usuario:Dalog
Benvido(a) á Galipedia, Dalog!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 11:11, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
- Toda contribución é benvida, pero hai que procurar realizar unha mínima corrección nos textos (maiúsculas, acentos, supresión de castelanismos) para que permanezan, supoño que sería algunha clase de erro o texto que puxeches en Alberto Núñez Feijoo, non tes máis que corrixilo para que permaneza.--Cheluco 14:54, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
- Por favor, fai caso do que che apunta o usuario Cheluco. Ademais, cómpre que deas referencias do que afirmas. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:46, 5 de febreiro de 2011 (UTC)