Saltar ao contido

Conversa usuario:Cotaron

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Cotaron!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Ánimo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 11 de setembro de 2021 ás 18:11 (UTC)[responder]

Ola Cotaron. Grazas por edita-lo artigo de Fronda. Deixeiche na nota anterior, algunhas ligazóns que che poden servir para iniciáreste na edición na Galipedia. En especial, hai un par de apartados relevantes a ter enconta: sobre todo, que as edicións teñen que referenciarse porque a Galipedia non é unha fonte primaria. Por iso, sería ben que foses indicando, cando vexas, as notas ou referencias de onde sae o contido. E unha segunda cousa menos importante é que para que non haxa conflitos de edicións; é dicir, que ti esteas editando algo e antes de gardar vaia eu e garde outro apartado de tal xeito que o teu queda sen gardar (e, ás veces, pérdese o traballo de horas), eu che recomenadría que marcaras o artigo co marcador {enuso}, tal como está pero con dúas chaves. Deste xeito, ninguén, agás equivocación, se meterá no artigo. De momento, póñocho eu e, cando ti edites algo, verás que aparece o teu nome de usuario.

Polo demais, calquera dúbida ou problema que teñas, non teñas perda por preguntar. Un saúdo, e a darlle duro. Xa iremos falando. MAGHOI (conversa) 11 de setembro de 2021 ás 18:20 (UTC)[responder]

Grazas a ti. De feito non é o primeira cousa que redacto. Hai anos escribía, sobre todo nas seccións de aves e literatura, con outro usuario. Parei de facelo por problemas de tempo e, sobre todo, de saúde ocular, e non fun quen de recuperar a contraseña do meu antigo usuario. Estiven editando algunha cousa sen usuario porque non sei se me quero volver a involucrar moito. Como os artigos que escribo adoitan ser traducións non considerei o asunto das referencias. Ademáis estou desafeito de editar: esquecín como se colocaban fotos, plantillas e demáis. Se me vexo con gañas de seguir, terei que repasalo, porque dende que eu editaba parece que cambiaron algunhas cousas.
Un saúdo. --Cotaron (conversa) 13 de setembro de 2021 ás 15:55 (UTC)[responder]
Pois ánimo. Aquí estamos para o que precises. Un saúdo MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2021 ás 22:34 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Cotaron.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de setembro de 2021 ás 10:09 (UTC)[responder]