Conversa usuario:Celiamartinezf
Dámosche a benvida á Galipedia, Celiamartinezf!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 7 de febreiro de 2022 ás 16:34 (UTC)
Erros nas referencias[editar a fonte]
Ola! vexo que aparecen bastantes avisos en vermello na túa biografía. É un problema coas referencias, xa que hai varias citas por fonte e hai que reutilizar o modelo. Se estás agora mesmo a traballar, garda e nuns minutos arranxo estes problemas para que poidas seguir. Xa aviso cando remate. Graciñas!.--@Celiamartinezf FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 19:32 (UTC)
- Listo. Lembra que hai que editar cada cita manualmente. A moitas delas fáltalle o campo título. En canto as categorías, algunhas da túa biografía están en vermello. Isto significa que non existen na Galipedia en galego. Deberían ser azuis para que nos dirixan a categorías propias da Galipedia. Telo na presentación, pero lémbroche que a maneira máis sinxela é activar o trebello Hot-Cat para editar rapidamente as categorías. Para activalo tes que ir a preferencias da conta (menu superiro dereito)> menú Trebellos>grupo edición e marcar a casiña de Hot-cat (e gardar). Logo disto verás que aparecen os símbolos + e - á beira de cada unha, para engadir ou quitar categorías. Para atopar as categorías da Galipedia usa a caixiña de busca ata atopar as adecuadas. Saúdos! FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 19:40 (UTC)