Conversa usuario:Baaden

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Baaden!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • Acabo de ver a túa mensaxe na Taberna. Grazas polo aviso, vouno amañar agora mesmo. --Toliño Fala aquí comigo 13:11, 1 febreiro 2008 (UTC)

Boas. A imaxe que puxen no artigo que fixeras sobre a Terra de Francisco Xosé obtívena da wikipedia en español. Boteille un vistazo á da wikipedia en inglés e en ruso, e si, esta última é a máis completa, porén, a imaxe da wikipedia en inglés pareceume tan completa como a da wikipedia en español, ou non? De todas maneiras, intentei cambiar a imaxe que hai agora pola da wikipedia en ruso ou a da wikipedia en inglés, pero non se dá feito, recoñécese que non son compatíbeis. Un saúdo.--Lara 21:20, 4 febreiro 2008 (UTC)

Romanización[editar a fonte]

Respondo na conversa de Romanización do ruso. -- Sobreira (parlez) 20:35, 14 febreiro 2008 (UTC)

  • Menudo encarguiño, rapaz. Non sei tanto sobre transliteración cirílico-latino como para saber dos sistemas e anos, pero fixen o que puiden sen pararme demasiado, en moitos casos corrección de estilo. Vin que repasaches o resultado dos tradutores automáticos, pero aínda así tiven que recorrer ó orixinal inglés (que tampouco é para botar foguetes). Cando poida escanear o das Actas (non sei se terei oportunidade co de Jairo), envíocho por correo. Espero que dentro duns meses haxa noticias sobre a transliteración en particular dende o árabe. -- Sobreira (parlez) 22:12, 24 marzo 2008 (UTC)

Indiquei para borrado esta páxina pois leva desde xullo de 2008 marcada para ser traducida--Saúdos e grazas. Xan de ningures 02:47, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Comprendo que decaia o teu ánimo tras a miña escueta mensaxe. Non pretendía facer con ela unha valoración do teu traballo. As diferencias que poidamos ter creo que levan outra vía.
¿É bo para a Wikipedia galega que se permitan sen data artigos non válidos? Semella que o modelo {{entradución}} quere, intenta ou aproxima unha resposta posto que só se permite que haxa artigos nesa situación durante un prazo de 30 días (repara no modelo).
Se estás en desacordo co que o modelo indica non me botes a min a culpa. O que, ó meu entender, deberías facer sería cuestionar na Taberna o modelo e non cuestionar o meu proceder, proceder que che aseguro non está ligado a ningún tipo de interese persoal.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 14:08, 7 xaneiro 2009 (UTC)
Confúndeste, o artigo foi borrado, pero o seu contido pode ser recuperado. Non é un borrado a traición, simplemente seguiuse un procedemento normal, o cal non quere dicir que sexa sempre o preferible. Agora non teño tempo para mirar quen puido borrar o artigo ou preguntar por el se non dou sabido que administrador o borrou. Así que poida, procurarei que se recupere o seu contido nunha subpáxina do meu usuario. Unha vez feito, unha vez recuperado todo o que aí hai, se completas o artigo, podes volver crealo. Quizais tarde uns días en conseguilo, pois non sei cando me volverei conectar nin o tempo que tardarei en acadar o dito--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:28, 7 xaneiro 2009 (UTC)
Fixen a petición para recuperar os datos do artigo en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios#Transliterar.
Por certo, creo que debes reparar nunha cousa que che pode facilitar escribir caracteres que non tes no teclado, por exemplo, o "ñ". Se ó editar calquera páxina, vas ó fondo de todo, verás unha caixiña cun menú despregable que pon "Standard"; se a despregas e escolles "spanish" xa podes escribir o "ñ", se ben tes que facer click sobre o grafema.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 14:49, 8 xaneiro 2009 (UTC)
A páxina Transliterar xa foi restaurada. Procura rematala así que poidas. Vou retirar o aviso de borrado que lle puxen--Saúdos e grazas. Xan de ningures 14:55, 8 xaneiro 2009 (UTC)