Conversa usuario:Artebruta
Benvido(a) á Galipedia, Artebruta!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:53, 4 de febreiro de 2011 (UTC)
Relevancia enciclopédica + contido[editar a fonte]
Sen contidos non se pode manter nada. Por favor, non crees por crear nin en base unicamente aos teus gustos persoais. Ademais, ten en conta que o artigo de Luís require como mínimo o apelido ou a distinción por deporte, porque evidentemente o artigo do nome cómpre reservalo para a etimoloxía ou homónimos. --Atobar (conversa comigo) 20:58, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
Estou a traballar no referente á Liga Nacional de Billarda. Vou aos poucos coa información que hai. É algo que vai levar o seu tempo. E é 'no Portonovo', non 'en Portonovo'—o anterior comentario sen asinar foi feito por Artebruta (conversa • contribucións)
- Vai un por un, e deixándoos rematados, por favor. Outramente, son problemas para todos. E non, non é no Portonovo, é en Portonovo. Telo nas gramáticas. Graciñas --Atobar (conversa comigo) 21:05, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
'en Portonovo' é un castelanismo, e dise NO, que son da zona. Igual que se di 'na Coruña' e non 'en a Coruña', e 'na Lourenzá' e non 'en Lourenzá'—o anterior comentario sen asinar foi feito por Artebruta (conversa • contribucións)
- Como queiras, pero na Galipedia escríbeo ben. O día que sexa O Portonovo no nomenclator, sen problema; mentre siga a ser Portonovo, diremos en Portonovo. E insisto, céntrate nun artigo e faino ben. E apunto unha terceira cousa: asina as túas mensaxes, e déixass na páxina de conversa do usuario ao que te dirixes, non na de teu. Se tes dúbidas, pregunta. --Atobar (conversa comigo) 21:11, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
Por o artigo diante do lugar é un castelanismo. Tanto en galego como en portugués os lugares non levan artigo, só oralmente. Exemplo: "Eu teño un amigo que vive no Porto (Portugal)", "A miña tia vive na Coruña". Aquí tes un exemplo da banda galega A Roda que interpretan a Foliada do Portonovo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Artebruta (conversa • contribucións)
Artebruta, escoita o que che din: as túas mensaxes asinadas e na páxina de conversa da persoa á que te dirixes. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:18, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
- Se volves eliminar contidos e saltar as políticas, serás bloqueado. Aprende dos que levamos máis tempo. Ninguén está aquí para amolarte, ao contrario. --Atobar (conversa comigo) 21:33, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
- Tes un bloqueo por un día. Reflexiona. --Atobar (conversa comigo) 21:37, 5 de febreiro de 2011 (UTC)
- E agora unha semana máis de bloqueo. Se volves para destruír contidos, perdes o tempo e fas que o demais tamén o perdamos. Reflexiona. --Atobar (conversa comigo) 00:36, 7 de febreiro de 2011 (UTC)